Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

M. Allegue reivindica a construción industrializada na clausura do Foro do Clúster do sector

Escoitar

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas incidiu en que a Xunta xa está a apostar por estas técnicas “cara unha construción máis eficiente e sostible”

Allegue reiterou a necesidade da colaboración público-privada e as sinerxías co sector para acadar o reto de dar resposta á cidadanía na demanda dunha vivenda digna, de calidade e a un prezo accesible

Thu Nov 28 15:00:14 CET 2024
  • Compartir

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2024

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, clausurou hoxe en Santiago o primeiro Foro da Construción Industrializada, promovido polo Clúster Galicia Constrúe, no que reivindicou estas técnicas industrializadas polas que xa está a apostar a Xunta en a obra pública cara acadar “unha construción máis eficiente e sostible”.

M. Allegue puxo en valor a celebración deste primeiro foro para “facilitar o intercambio de coñecemento e experiencia” sobre a construción industrializada e remarcou que na actualidade, o elevado volume de obra pública que está a planificar, licitar e construír a Xunta “obrigan a explorar outras oportunidades, e a construción industrializada, é, sen dúbida, unha delas e moi interesante”.

Lembrou neste senso o reto que ten a Xunta para duplicar o parque público residencial, con 4.000 vivendas máis, e da Estratexia Galega de Solo Residencial, que prevé desenvolver solo para facilitar a construción doutras 25.000 vivendas, 20.000 delas protexidas. Dentro desta estratexia, lembrou que mañá se licitará a redacción dos Proxectos de Interese Autonómico (PIA) e de expropiación e parcelamento para desenvolver sete  ámbitos, un deles en Mallou, en Santiago, que permitirá a construción dunhas 3.500 vivendas.

E a conselleira incidiu tamén nas inquedanzas transmitidas polo sector nos continuos encontros mantidos nestes últimos meses, especialmente as que se refiren á a falta de man de obra ou a premura na consecución dos obxectivos.

“Precisamos, polo tanto, -subliñou- máis que nunca innovación constante e técnicas máis sostibles e eficientes, que fan necesario o pulo en Galicia destas técnicas industrializadas na construción. Cremos firmemente que todos estes procesos contribúen a dar resposta ás demandas do sector e á axilización dos tempos da construción, e ao mesmo tempo ao coidado do noso medio ambiente e ao pulo da nosa economía”, engadiu.

A conselleira volveu reivindicar a necesidade da colaboración público-privada para acadar o gran reto de dar resposta á cidadanía na súa demanda dunha vivenda digna, de calidade e a un prezo accesible. E no marco do contacto co sector, sinalou que se están a manter encontros con empresas especializadas nestas técnicas industrializadas, así como as que están a apostar pola introdución da madeira como elemento estrutural.

M. Allegue lembrou neste senso a vantaxe de contar en Galicia cunha enorme riqueza desta materia prima da madeira, “que temos que protexer e potenciar”. Froito deste propósito son tamén os recentes acordos asinados coa Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) para fomentar o uso da madeira nas construcións do Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Axencia Galega de Infraestruturas.

A conselleira avanzou que a Xunta ten xa incorporadas xa as técnicas industrializadas en varios bloques de residenciais colectivos de vivenda pública, nos que se licita conxuntamente proxecto e obra mediante técnicas industrializadas primando tamén o uso da madeira.

“As técnicas industrializadas veñen para quedarse -concluíu-. Temos clara a necesidade de liderar este cambio cara unha construción e unha industria máis sostible, e nese marco estamos a traballar”.

Área: Edificación ; Solo residencial ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Empresas e profesionais
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal