Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda de Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto co secretario xeral de Vivenda, Heriberto García Porto, visitou a parcela na que se acometerán as novas vivendas de protección autonómica

A Xunta concede unha axuda de case 1,5 M€ para a construción en Santiago de 37 vivendas protexidas destinadas ao alugueiro

Escoitar

A empresa adxudicataria construirá estas vivendas nunha parcela localizada na contorna da Avenida Romero Donallo

A conselleira remarcou que esta empresa conta cunha axuda da Xunta enmarcada na convocatoria para incentivar aos promotores e cooperativas a construír inmobles para alugueiro accesible, dotada dunha partida global de 14,7M€

Lembrou que a Xunta licitará mañá a redacción dos Proxectos de Interese Autonómico e tamén para expropiacións e parcelamento, sendo Mallou o ámbito elixido en Santiago, con 35 ha e a previsión de 3.460 vivendas, das que 2.800 serán protexidas

Sinalou que en Santiago están en execución 3 grupos de vivendas de promoción pública, 24 no Castiñeiriño e dous edificios (24+12) en Lamas de Abade

Subliñou que os Orzamentos da Xunta para 2025 constan dun presuposto histórico de 240M€ destinado ás políticas de vivenda e urbanismo, a metade para construción de nova vivenda pública e adquisición de solo residencial

Thu Nov 28 13:29:07 CET 2024
  • Compartir

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2024

A Xunta concede unha axuda de 1.465.570€ a unha promotora galega para a construción en Santiago de Compostela de 37 vivendas protexidas destinadas ao alugueiro.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, visitou hoxe a parcela na que se van acometer estas vivendas, localizada na contorna da Avenida Romero Donallo.

O proxecto, cun orzamento total de 7,4M€, dos que case 1,5M€ se corresponden coa axuda outorgada pola Xunta, prevé a construción destas vivendas de protección autonómica, organizadas en dous portais.

Allegue subliñou que este proxecto permitirá dotar esta área de novos fogares funcionais, de calidade e coas características necesarias para acadar unha óptima eficiencia enerxética.

Remarcou que esta intervención é froito da colaboración público- privada, pois a Xunta lanzou este ano unha convocatoria destas axudas para incentivar aos promotores e cooperativas a construír inmobles para alugueiro accesible, cunha partida global de 14,7M€.

Destacou que a Xunta é consciente das dificultades que están a ter os cidadáns no acceso á vivenda, especialmente nas cidades. Neste sentido, puxo en valor o traballo que está a facer o Goberno galego en distintas direccións, tanto na construción de vivenda pública como no desenvolvemento de solo residencial.

Respecto ao desenvolvemento de Solo residencial, avanzou que a Xunta licitará mañá a redacción de proxecto dos Proxectos de Interese Autonómico (PIAS) e tamén para expropiacións e parcelamento.

Apuntou que en Santiago o ámbito elixido é Mallou, con 35 hectáreas e a previsión de 3.460 vivendas, das que arredor de 2.800 serán protexidas.

En relación á execución de vivenda pública, recordou o obxectivo da Xunta para esta lexislatura, que é duplicar o parque ata as 8.000. Na actualidade, xa están en marcha máis de 1.600 vivendas de promoción pública, en distintas fases de tramitación e execución.

Concretou que en Santiago están en execución 3 grupos de vivendas, 24 no Castiñeiriño e dous edificios (24+12) en Lamas de Abade.

Todos estes avances son posibles grazas a unha aposta sen precedentes pola vivenda, que se amosa no Orzamentos da Xunta para 2025, cun presuposto histórico de 240M€ destinados ás políticas de vivenda e urbanismo, dos que a metade son para construción de nova vivenda pública e adquisición de solo residencial.

Área: Axudas ; Solo residencial ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal