Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A Xunta recibe 9 ofertas para a redacción de proxectos e dirección de obras para a construción de 43 vivendas de promoción pública en Navia, Vigo

Escoitar

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ten licitado o contrato por un importe que rolda os 355.000 euros

Trátase do servizo de redacción de proxecto básico e de execución e dirección de obra para a construción de 43 inmobles, garaxes, rochos e locais na parcela IVA-16, do polígono 1 de San Paio

A Xunta segue a avanzar no compromiso para duplicar nesta lexislatura a vivenda pública, tendo xa en marcha ao redor de 1.500 vivendas públicas en diferentes fases de execución, das que 656 están en Navia, onde están previstas 1.600 vivendas

Mon Oct 21 14:31:14 CEST 2024
  • Compartir

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo,  recibiu un total de nove ofertas para a redacción de proxectos e dirección de obras para a nova construción de 43 vivendas de promoción pública en Navia, en Vigo.

Este contrato, licitado por un importe de 354.671 euros, ten por obxectivo a adxudicación dos servizos de redacción de proxecto básico e de execución e dirección de obra para a construción de 43 vivendas, garaxes, rochos e locais comerciais na parcela M-IVA-16 do polígono 1 de San Paio de Navia. A parcela ten unha superficie de 1.407 m2 e está a ser urbanizada pola Xunta de Galicia.

Con este contrato, a Xunta segue a avanzar no compromiso para duplicar nesta lexislatura a vivenda pública ata acadar as 8.000, tendo xa en marcha en seis meses ao redor de 1.500 vivendas públicas en diferentes fases de execución, das que 656 están en marcha en Navia, onde están previstas 1.600 vivendas cun investimento xa executado de 190M€. Delas, 316 están con obra licitada ou adxudicada por preto de 51M€; 51 licitaranse proximamente e 289 teñen proxecto licitado, incluíndo as 68 do Polígono 2 cuxa redacción de proxecto saíu o pasado venres día 18 por máis de 630.000€.

Área: Edificación ; Solo residencial ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Empresas e profesionais
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal