Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, supervisou hoxe estas intervencións enmarcadas no programa Rexurbe do Goberno galego

A Xunta inviste máis de 1M€ na rehabilitación de 5 inmobles en Betanzos que destinará a alugueiro social

Escoitar

María M. Allegue subliñou que nalgúns destes inmobles se están a ultimar os traballos en acabados interiores e carpintería, polo que se prevé o remate en apenas un mes

Apuntou que ademais destes 5 inmobles, cunha vivenda en cada un, a Xunta licitará a finais deste ano ou comezos do próximo as obras noutros 2 edificios

Destacou que nesta vila se rehabilitarán 22 vivendas e 3 locais ao abeiro do programa Rexurbe, que consiste en adquirir inmobles en conxuntos históricos e recuperalos

A Xunta, no marco deste programa, ten adquiridos en Galicia 93 inmobles nos que se proxecta obter arredor de 165 vivendas e 13 locais comerciais

A conselleira fixo fincapé na importancia da rehabilitación para facilitar o acceso dos cidadáns á vivenda, coidar o patrimonio e darlle pulo ao turismo e ao comercio local

Fri Aug 30 12:53:15 CEST 2024
  • Compartir

Betanzos (A Coruña), 30 de agosto de 2024

A Xunta inviste máis de 1M€ na rehabilitación de 5 inmobles en Betanzos que destinará a alugueiro social.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co secretario xeral de Vivenda, Heriberto García, supervisou hoxe estas intervencións de rehabilitación.

María M. Allegue subliñou que nalgúns destes inmobles se están a ultimar os traballos en acabados interiores e remates de carpintería, polo que se prevé a súa finalización en apenas un mes.

Ademais destes 5 inmobles, cunha vivenda en cada un deles,  a conselleira adiantou que se está a traballar para licitar a finais deste ano ou comezos do próximo as obras doutros 2 inmobles.

Destacou que en total a Xunta terá rehabilitado en Betanzos 22 vivendas e 3 locais ao abeiro do programa Rexurbe, que consiste en adquirir inmobles en conxuntos históricos e recuperalos. Precisou que se non é posible a rehabilitación, o programa contempla tamén a construción doutros novos nos solares baleiros.

Explicou que as vivendas froito das rehabilitación cualifícanse como de promoción pública e pasan a formar parte do parque de vivenda en alugueiro, adxudicándose a través do Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia.

Martínez Allegue indicou que actualmente a Xunta ten adquiridos en Galicia 93 inmobles nos que se proxecta obter arredor de 165 vivendas e 13 locais comerciais. Puntualizou que xa se rehabilitaron 18 inmobles e se entregaron as vivendas aos seus adxudicatarios en Betanzos, Ferrol, Ourense, Mondoñedo ou Lugo; e están en obras 7 inmobles, en Betanzos e en Vilalba.

Cómpre lembrar que ademais do Programa Rexurbe, Betanzos conta cunha Área Rexurbe declarada en 2023 e que comprende o conxunto histórico-artístico e alberga 735 edificios con diferentes usos. Neste caso, o Concello deberá realizar un Plan de dinamización con medidas específicas para esta contorna.

Betanzos tamén dispón tamén dunha Área de Rehabilitación Integral (ARI) que corresponde ao conxunto histórico da vila, o barrio da Ribeira e os barrios antigos da Madalena e Nosa Señora dos Remedios. Actualmente ten en execución convenios por importe de máis de 522.000€.

A responsable autonómica de Vivenda tamén remarcou que para este ámbito da ARI a Xunta asignou un orzamento de 700.000€ do programa Barrios que deberá executar o concello. Esta iniciativa está financiada con fondos europeos e posibilitará a rehabilitación de 40 vivendas.

Concluíu facendo fincapé na importancia da rehabilitación de inmobles para facilitar o acceso dos cidadáns á vivenda, ao mesmo tempo que se coida o patrimonio das vilas e cidades e se reforza o seu atractivo para darlle pulo ao turismo e ao comercio local.

Área: Rehabilitación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova
Tipo información:

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal