Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A Xunta inicia a construción de 40 vivendas de promoción pública no barrio coruñés de Xuxán, nas que investirá 7,7 M€

Escoitar

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, destacou a aposta do Goberno galego para facilitar o acceso da cidadanía á vivenda e subliñou que en Xuxán están construídas, ou en tramitación, 144 vivendas de promoción pública en solo da Xunta

O novo edificio de cinco plantas contará con 40 vivendas, de 2 a 4 dormitorios. Habilitaranse 88 prazas de garaxe, ademais de 5 locais comerciais e rochos

Para Martínez Allegue, o deseño do inmoble resulta “exemplar, desde o punto de vista arquitectónico, da sostibilidade e da calidade”

Trátase do proxecto dun edificio que se suma ao entregado a finais do 2023 pola Xunta neste espazo, tamén con 40 vivendas

O IGVS ten en marcha, asimesmo, outro inmoble de 50 vivendas de promoción pública, en cuxa licitación se presentaron catro ofertas

Wed Jul 10 13:44:59 CEST 2024
  • Compartir

A Coruña, 10 de xullo de 2024

A Xunta de Galicia vén de iniciar a construción dun novo edificio de 40 vivendas de promoción pública no barrio coruñés de Xuxán, en cuxas obras se investirán 7,7M€. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou hoxe o espazo onde se levantará o novo inmoble xunto á delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, e a directora territorial da Consellería, Begoña Freire, e destacou o firme compromiso do Goberno galego por facilitar á cidadanía o acceso á vivenda.

O novo edificio contará con 40 vivendas distribuídas en 5 plantas, ademais de 88 prazas de garaxe, cinco locais comerciais e rochos. A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas subliñou o deseño do inmoble como exemplar desde o punto de vista “arquitectónico, da sostibilidade e da calidade”.

“A maioría das estancias onde se fai vida (salóns e dormitorios), salientou, terán orientación sur e o inmoble construirase baixo criterios de eficiencia enerxética”. Así mesmo, integrarase vexetación en espazos interiores.

Na súa intervención, Martínez Allegue reiterou a clara aposta do Goberno galego en materia de vivenda, co compromiso de duplicar nesta lexislatura o número de vivendas públicas ata acadar as 8.000 e facilitar solo residencial para construír 20.000 vivendas en Galicia, 20.000 protexidas e 5.000 libres.

Subliñou que na procura destes obxectivos é necesario “o traballo conxunto” a través da colaboración entre administracións e a cooperación público-privada con promotores e construtores para a dotación de vivenda protexida. “Traballaremos da man dos concellos neste eido”, apuntou, tras agradecer “a implicación do Concello da Coruña”. “Xuntos seguiremos a dar pasos para axilizar a construción de vivenda pública”.

Actuacións en Xuxán

O Goberno galego xa entregou, a finais do pasado ano, un edificio de 40 vivendas de promoción pública e, ademais do que hoxe se inicia, está xa en proceso de adxudicación a construción doutro inmoble de 50 VPP noutra parcela, para cuxa construción se presentaron catro ofertas. Así mesmo, proximamente licitaranse as obras doutras 14 vivendas de promoción pública.

Ademais das citadas 144 vivendas de promoción pública, cun investimento de ao redor de 28M€, construiranse outras 256 vivendas protexidas noutras cinco parcelas, adxudicadas,  en dereito de superficie durante 50 anos, para a construción de vivendas en réxime de alugueiro.

Estímase que esta área contará con preto de 1.500 vivendas protexidas,  unha vez estea desenvolvida toda a planificación de vivenda. Neste sentido, a consellería presentou a documentación para a modificación no PXOM co obxectivo de cambiar o uso de parcelas que permitirá a construción de 520 vivendas protexidas.

Área: Edificación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal