Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira María Martínez Allegue asume a presidencia da Xunta Consultiva en Materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo

Escoitar

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Xunta destaca a consolidación deste órgano de consulta en materia de urbanismo que reúne a representantes das administracións autonómica e local, organizacións empresariais e colexios oficiais

Fai fincapé no “papel transcendental” deste órgano, como se reflicte no incremento do número de consultas efectuadas por concellos e axentes urbanístico

Incide nos últimos pasos dados polo Goberno galego co proceso de tramitación do novo regulamento da Lei do Solo para unificar as distintas modificacións experimentadas por esta normativa despois de oito anos de vixencia

Incide tamén nas novas fichas técnicas de afección desenvolvidas no marco do convenio entre a Xunta e o Colexio de Arquitectos de Galicia, recollendo todas as afeccións necesarias á hora de redactar un proxecto das normativas vixentes

07/06/2024
  • Compartir

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2024

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, vén de asumir hoxe a presidencia da Xunta Consultiva en Materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo, organismo posto en marcha pola Xunta hai dous anos co obxectivo de dinamizar os trámites administrativos dos concellos.

A Xunta Consultiva está formada por unha trintena de membros e ten un claro carácter representativo, xa que entre os seus vocais figuran representantes dos diferentes departamentos do Goberno galego, así como catro alcaldes designados pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), así como das Deputacións provinciais, os Colexios Oficiais de Arquitectos, Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia e o Colexio Oficial da Avogacía de Galicia e de organizacións empresariais galegas

Na sesión da Xunta deste venres, Martínez Allegue puxo en valor a consolidación deste órgano de ámbito autonómico que naceu para dotar dun instrumento de asesoramento e de colaboración con entidades locais e axentes sociais e económicos en materia de ordenación del territorio. Esta consolidación vese reflectida, como subliñou, no incremento do número de consultas efectuadas por concellos e axentes urbanísticos no último ano e destacou o seu “papel transcendental” para garantir a adecuada aplicación e interpretación da normativa vixente en materia de ordenación do territorio e urbanismo de Galicia.

A conselleira lembrou tamén neste sentido os últimos pasos dados polo Goberno galego para responder a esa demanda, co proceso de tramitación do novo regulamento da Lei do Solo, que vai unificar as distintas modificacións que esta normativa experimentou despois de oito anos de vixencia, ou tamén coas novas fichas técnicas de afección desenvolvidas a través dun convenio entre a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) e o Colexio de Arquitectos de Galicia, que recollen tamén todas as afeccións necesarias á hora de redactar un proxecto, recollidas das normativas estatal e autonómica.

Martínez Allegue salientou o exemplo de colaboración e funcionamento coordinado da Xunta Consultiva entre as distintas administracións e entidades que a conforman, desde o ámbito autonómico ao local, e sempre da man dos colectivos profesionais do sector. A este respecto, incidiu na importante de avanzar xuntos en cuestións como a ordenación do territorio, para responder adecuadamente aos desafíos que se enfrontan cada día.

Finalmente, a conselleira fixo fincapé na defensa e promoción dun uso sostible do territorio, acción que é precisa, amosando a determinación de seguir traballando, deste este organismo, desde a Consellería e no Goberno galego.            

Área: Vivenda

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal