Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

O Consorcio Casco Vello de Vigo sacará a concurso seis novas vivendas de protección autonómica

Escoitar

A delegada territorial da Xunta e presidenta do organismo autónomo, Ana Ortiz, visitou este xoves os traballos de reforma do edificio de Elduayen 31-Ferrería 10

Thu Mar 21 13:29:35 CET 2024
  • Compartir

Vigo, 21 de marzo de 2024

A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ana Ortiz, visitou este xoves os traballos de rehabilitación do edificio Elduayen 31 e Ferrería 10 que xa están na súa última fase de obra para poder saír a concurso nas vindeiras semanas.

O CCV, participado nun 90% pola Xunta de Galicia, investiu un total de 1,4 millóns nesta reforma, sumando a compra do inmoble e a adxudicación dos traballos. Esta última actuación suporá a posta a disposición da cidadanía de 6 novas vivendas de protección autonómica, de dous e tres dormitorios, e dun local comercial.

Os condicionantes urbanísticos do solar, de 182,74 metros cadrados, recollidos no Plan Especial de Reforma Interior (PERI) do Casco Vello, implicaron a necesidade de manter o patio interior e, en consecuencia, a reformulación do proxecto inicial. Deste modo, aínda que funcionarán coma unha comunidade única, unida pola planta baixa, manteranse na práctica dous edificios; un con fachada cara a rúa Elduayen de cinco plantas e o outro a Ferrería de tres.

Seis promocións con 22 vivendas

O Consorcio Casco Vello, cuxo principal obxectivo é a rehabilitación do barrio histórico de Vigo, conta cunha partida total de 1.780.065 euros tras o desbloqueo do PAIF do próximo exercicio 2024. Desta cantidade, máis do 87% teñen a consideración de investimento directo xa que se destinan á execución das obras de rehabilitación das vivendas propiedade do CCVV, correspondendo o resto a gastos operativos.

Ademais, a cifra de investimento pode incrementarse en 1,3 millóns de euros no caso de que se aprobase a aplicación de fondos de remanentes. Ademais da mencionada reforma de Elduayen, o PAIF 2024 contempla investimentos na rehabilitación de outros cinco edificios (Ribeira do Berbés, 39; Subida ao Castelo, 9; Elduayen, 39-Ferrería, 16; Hortas, 2-4-San Sebastián, 20 e Rúa Alta, 8-14), o que permitirá crear un total de 22 novas vivendas de protección autonómica.

Área: Rehabilitación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal