Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

O presidente da Xunta en funcións visitou o polígono de Morás, en Arteixo

Rueda destaca o labor da Xunta á hora de bonificar o prezo de venda de todo o seu chan empresarial

Escoitar

Lembra que esta medida fixo posible a adxudicación de máis de 3 millóns de metros cadrados de solo a 613 empresas e un investimento directo superior aos 850 M€ de 2015 a 2023

Asegura que se seguirán desenvolvendo actuacións que permitan dispoñer de 8 millóns de metros cadrados de superficie industrial en 2028

Salienta que o solo público empresarial da Xunta será a custo cero durante os primeiros oitos anos de actividade

Declaracións do Presidente da Xunta de Galicia en funcións

15/03/2024
  • Compartir

Arteixo (A Coruña), 15 de marzo de 2024

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destacou hoxe a aposta do Goberno autonómico por facilitar a creación de riqueza na comunidade, sendo, desde 2015, a única administración pública en Galicia que bonifica, entre un 30% e un 50%, o prezo de venda de todo o chan empresarial da súa propiedade. Así, ata o pasado ano, esta medida fixo posible a adxudicación de máis de 3 millóns de metros cadrados de solo a 613 empresas, o que supuxo un investimento directo superior aos 850 millóns de euros e a creación de preto de 7.500 postos de traballo.

Así o destacou Rueda nunha visita na que estivo acompañado pola vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, ás obras de urbanización da fase C do parque empresarial de Morás, en Arteixo. En concreto, esta terceira fase está pensada para ofrecer parcelas máis pequenas, de maneira que non só as empresas con maior capacidade poidan gozar de todas as vantaxes que ofrece este espazo. 

Para Rueda, a creación de chan industrial en polígonos como Morás “é un magnífico síntoma, xa que se hai que facer chan industrial é que se necesita, e polo tanto esa Galicia potente que queremos facer entre todos sigue medrando.” Nesta mesma liña, subliñou que “unha comunidade que non ten industria, que non fai o posible por seguir crecendo, o que vai facer é retroceder”.

Neste sentido, o titular do Executivo autonómico en funcións asegurou que se seguirán a desenvolver actuacións que permitan ter planificados e con posibilidade de estar dispoñibles 8 millóns de metros cadrados de chan empresarial en 2028, “primando aqueles lugares onde é necesario para seguir crecendo”. Ademais, lembrou que o solo público empresarial da Xunta será a custo cero durante os primeiros oitos anos de actividade.

Área: Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal