Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A Xunta adxudica por máis de 335.000 € a redacción de proxecto e dirección de obra de 58 vivendas de promoción pública no barrio de Xuxán, na Coruña

Escoitar
Fri Aug 18 12:02:00 CEST 2023
  • Compartir

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2023 A Xunta de Galicia adxudicou este mes por 335.000 euros, IVE incluído, o contrato para a redacción do proxecto e dirección das obras para a construción de 58 vivendas de promoción pública (VPP), garaxes, rochos e locais na parcela Z38 do sector 10 de Xuxán, o antigo Parque Ofimático da Coruña.

O contrato terá unha duración de 43 meses, unha cifra que resulta do prazo máximo para a redacción do proxecto (5 meses), do prazo estimado para a execución das obras (26 meses) e do prazo mínimo de garantía legal do adxudicatario das obras (12 meses).

Cómpre subliñar que, actualmente, a Xunta xa rematou a construción das primeiras 40 vivendas de promoción pública en Xuxán. Ademais, a comezos de agosto licitáronse as obras doutro grupo de 40 vivendas neste mesmo barrio coruñés por un importe de 7,7 millóns de euros polo que, en total, o Instituto Galego da Vivenda e Solo prevé poñer á disposición dos coruñeses nesta zona 138 VPP.

A área na que se construirán estas vivendas está sendo urbanizada co financiamento da metade dos custos por parte da Xunta, que é propietaria do 50% do solo, o cal se destina á construción de ao redor de 1.100 vivendas protexidas. En total, o Goberno galego ten comprometidos uns 19 millóns de euros nas obras de urbanización do solo residencial dispoñible nos 2 polígonos en que está dividido Xuxán.

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal