Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A Xunta adxudica a redacción dos proxectos de rehabilitación de dous inmobles en Ferrol Vello

Escoitar

O contrato refírese aos edificios localizados en Mercé 20-22 e Carme Curuxeiras 36-38 e foi adxudicado por un total de 95.892,50 euros, incluíndo a dirección das obras

O IGVS é propietario nestes momentos dun total de 19 inmobles en Ferrol e está tramitando a adquisición doutros 5 para destinalos a vivendas de alugueiro social

Wed Mar 01 13:30:00 CET 2023
  • Compartir

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2023 A Xunta de Galicia acaba de adxudicar o contrato para a redacción do proxecto e dirección de obra das rehabilitacións correspondentes aos inmobles emprazados en Mercé 20-22 e Carme Curuxeiras 36-38. Ambos inmobles, adquiridos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) por preto de 80.000 euros, forman a esquina entre as dúas rúas e están apegados.

O contrato foi adxudicado a López Noya Arquitectura y Urbanismo S.L.P por un importe de 95.892,50 euros. A empresa disporá dun prazo de tres meses para a redacción dos proxectos básico e de execución da rehabilitación de ambos inmobles, aínda que cómpre precisar que a vixencia do contrato se prolongará durante o tempo de execución da obra, xa que inclúe a dirección da mesma.

Actualmente o IGVS é propietario de 19 inmobles en Ferrol Vello cun investimento ata o de agora de preto de 1,2 millóns de euros. Todos os edificios e solares adquiridos na cidade enmárcanse no Programa Rexurbe, convocado por primeira vez en 2018 co fin de actuar de forma directa sobre conxuntos históricos degradados a través da compra de inmobles para rehabilitar e destinar as vivendas resultantes a alugueiro social.

Neste sentido, cómpre lembrar que Ferrol é o municipio galego no que a Xunta adquiriu máis inmobles ao abeiro deste programa e ademais está tramitando a compra doutros 5 por importe de máis de 425.000 euros ao abeiro da convocatoria realizada en 2022.

Un destes inmobles está completamente rehabilitado e as vivendas xa foron entregadas aos seus adxudicatarios. Os restantes 18 atópanse en diferentes fase de licitación ou de redacción de proxectos.

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal