Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda asinou dous convenios en materia de vivenda entre o Goberno galego e o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana

A Xunta construirá 500 novas vivendas públicas enerxeticamente eficientes grazas a un investimento de máis de 69 M€

Escoitar

Ángeles Vázquez explica que se emprazarán en Santiago, A Coruña, Vigo, Pontevedra e Lugo e destinaranse ao aluguer de familias con ingresos inferiores a 2,5 veces o IPREM

Mon Nov 28 13:42:00 CET 2022
  • Compartir

Madrid, 28 de novembro de 2022 A Xunta de Galicia construirá 500 novas vivendas públicas enerxeticamente eficientes grazas a un investimento de máis de 69 millóns de euros ao abeiro de dous convenios de colaboración asinados entre o Goberno galego e o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para o traspaso de parte dos fondos que lle corresponden á Comunidade no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea.

 

Deste xeito, o Goberno galego, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) aportará o 65% do investimento total estimado -44,62 M€- mentres que o 35% restante financiarase con cargo aos fondos europeos -24,54M€-.

 

Logo da salientar que se trata dun “programa ambicioso”, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, explicou que estas vivendas se destinarán ao alugueiro para familias con ingresos inferiores a 2,5 veces o IPREM  -20.265 euros anuais aproximadamente- e localizaranse en Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Pontevedra e Lugo.

 

No que atinxe aos requisitos de eficiencia enerxética das vivendas que se constrúan, o consumo de enerxía primaria non renovable debe supor unha redución do 20% respecto dos límites establecidos no Documento Básico que dispón as directrices para o aforro enerxético en edificios de uso residencial e, ademais, as instalacións térmicas non poderán utilizar enerxías fósiles para calefacción, refrixeración nin auga quente sanitaria.

 

Por outra banda, os proxectos deberán incluír un estudo de xestión de residuos de construción e demolición que terán en conta que un mínimo do 70% dos refugallos xerados prepararase para a súa reutilización, reciclaxe e recuperación.

 
A maiores, a conselleira puxo en valor que a Comunidade xa ten comprometido o 90% dos fondos que lle corresponden e lembrou que o obxectivo do Goberno galego é “a promoción antes de acabar a lexislatura de 1.200 vivendas, das que 1.000 serán novas e 200 rehabilitadas”.

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal