Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

Rueda avanza que a Xunta convocará en xaneiro unha nova orde de axudas ao alugueiro para cubrir a metade da renda mensual de familias con baixos ingresos

Escoitar

Resalta que a previsión é conceder un mínimo de 4.000 axudas no marco da convocatoria á que a Xunta vai destinar 13,7 millóns de euros

Destaca como principais novidades que se “amplía de 3 a 5 anos” o período durante o cal se poderán percibir estas subvencións, incluídas as prórrogas, e que “se incrementa nun 50 % a súa contía máxima”, que con carácter xeral chegará ata os 300 €

Nas sete cidades o importe do arrendamento non poderá superar os 600 € ao mes, nas vilas de tamaño medio e concellos periurbanos o límite quedará fixado en 500 € e no resto de municipios o contrato será de, como moito, 400 € mensuais

O prezo do alugueiro poderá aumentar nun 20 % no caso de familias numerosas ou unidades de convivencia en que algún membro necesite unha vivenda adaptada
 

Intervención de Alfonso Rueda na rolda de prensa do Consello da Xunta

Thu Nov 24 15:14:00 CET 2022
  • Compartir

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou hoxe que o Goberno galego convocará a comezos de xaneiro, por un importe total de 13,75 millóns de euros, unha nova orde de axudas ao alugueiro destinada a persoas e familias con baixos ingresos. “Redobramos o noso compromiso para seguir apoiando ás familias que máis o necesitan no pago do alugueiro”, indicou.

Rueda resaltou que, con esta nova liña de axudas, o obxectivo é conceder un mínimo de 4.000 axudas a familias con rendas baixas coas que a Xunta vai financiar o 50% da renda mensual que figure no seu contrato de arrendamento durante un mínimo dun ano, con posibilidade de prorrogarse outros catro.

O Consello autorizou hoxe a resolución pola que se fixan as bases reguladoras e os requisitos que terán que cumprir as persoas interesadas nestas subvencións, que se enmarcan no pacto social pola vivenda.

Entre as principais novidades do novo programa de axudas, Rueda subliñou a duración máxima da concesión, que “pasará de tres a cinco anos”, e o incremento “nun 50% da contía máxima das achegas” xa que a partir de agora, e con carácter xeral, poderá ser de ata 300 euros ao mes, é dicir, un 50 % máis que as axudas anteriores, limitadas a, como máximo, 200 euros. O presidente da Xunta incidiu nas novas dunha convocatoria que “sube a contía máxima das axudas” e que tamén “incrementa a duración”.

Neste sentido, cómpre precisar que o importe das axudas non será o mesmo en todos os casos. Os beneficiarios terán dereito a unha subvención equivalente ao 50 % da renda mensual que figure nos seus contratos sempre que esta non supere as contías máximas establecidas na convocatoria en función da área xeográfica en que se localice a vivenda.

Así, no caso das sete cidades—A Coruña, Ferrol, Santiago, Pontevedra, Vigo, Ourense e Lugo— o importe do arrendamento non poderá superar os 600 euros ao mes; nas vilas, concellos de tamaño medio e periurbanos o límite quedará fixado en 500 euros; e no resto de municipios, a renda mensual de alugueiro será de, como moito, 400 euros.

En calquera caso, todas estas contías —tanto o importe da renda de alugueiro como a propia axuda da Xunta— poderán incrementarse nun 20 % en determinados supostos co fin de adaptarse ás características especiais e ás necesidades específicas dos inquilinos, como no caso de que estes formen parte dunha familia numerosa ou dunha unidade de convivencia en que algún dos seus membros necesite unha vivenda adaptada.

Á hora de calcular o importe das axudas excluíranse os posibles gastos de comunidade e outros pagos en concepto de anexos, como poden ser garaxes ou rochos. Ademais, a contía concedida inicialmente non poderá ser incrementada, aínda que a renda do alugueiro aumente ao longo da duración do contrato.

Os beneficiarios deberán ser titulares do contrato de arrendamento, acreditar que se trata da súa vivenda habitual e permanente e xustificar mensualmente o pago. En canto aos requisitos económicos, as rendas anuais de todos os membros da unidade de convivencia terán que ser iguais ou inferiores a 3 veces o IPREM (24.318,84 euros) e tampouco poderán estar por debaixo de 0,5 veces o IPREM (4.053,14 euros). Así mesmo, no caso de familias numerosas, vítimas de terrorismo ou núcleos en que haxa algunha persoa con discapacidade estes límites poderanse incrementar ata 5 veces o IPREM.

Tras recibir esta mañá a aprobación do Consello, as axudas ao alugueiro poderán solicitarse entre o 2 de xaneiro e o 5 de maio de 2023 ou ata esgotar o crédito dispoñible.

Outros programas de apoio ao alugueiro

Esta nova convocatoria do programa de axudas ao alugueiro enmárcase nas políticas que impulsa o Goberno galego desde hai anos para facilitar o mantemento do seu fogar a colectivos vulnerables ou con poucos recursos económicos, como é o caso dos menores de 36 anos, unha das franxas de idade con máis dificultades para emanciparse.

En concreto, este ano convocouse por primeira vez o Bono alugueiro mocidade, unha axuda de 250 euros ao mes para apoiar aos menores de 36 anos no pago da súa residencia habitual e da que xa hai máis de 1.500 beneficiarios despois de que Galicia fose unha das comunidades máis áxiles en convocar estas axudas, o pasado 30 de xuño.

Na mesma liña, o Instituto Galego da Vivenda e Solo convocou este verán o Bono de alugueiro social, unha prestación dirixida a facilitar o pago da vivenda habitual a determinados colectivos desfavorecidos a través dunha axuda equivalente ao 100 % da renda de alugueiro e coa que a Xunta apoia nestes momentos a preto de 900 familias vulnerables.

 
 

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal