Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A Xunta amplía ata os 2,8 M€ as axudas a particulares para mellorar a imaxe exterior de inmobles en resposta á boa acollida da convocatoria deste ano

Escoitar

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se incrementa o orzamento da liña de crédito das subvencións para corrixir impactos paisaxísticos en edificios e vivendas particulares
 

En total dispóñense 1,2 M€ máis -respecto da convocatoria inicial- para atender o maior número de solicitudes posibles presentadas á actual convocatoria, xa pechada
 

Wed Jul 20 13:37:00 CEST 2022
  • Compartir

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2022 A Xunta de Galicia amplía nun total de 1, 2 millóns de euros, ata chegar a un total de 2,8 M€, o orzamento reservado este ano á orde de axudas a particulares xestionada polo Instituto de Estudos do Territorio (IET) para actuacións que permitan corrixir e mellorar o aspecto exterior de vivendas e edificios deteriorados polo paso do tempo e por unha insuficiente conservación, tal e como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia.

 

A Consellería de Medio Ambiente toma esta decisión tras a boa acollida que tiveron entre os potenciais beneficiarios estas axudas —convocadas en xaneiro por segundo ano consecutivo—, polo que con este incremento se pretende atender o maior número de solicitudes posibles. Non obstante, esta ampliación de crédito non implica que se poidan presentar novas solicitudes, posto que o prazo rematou xa a finais de febreiro.

 

Preto de medio milleiro de beneficiarios

Cómpre lembrar que o ano pasado a primeira convocatoria das ordes de axudas para a corrección de impactos paisaxísticos saldouse con preto de medio milleiro de beneficiarios —445 familias— nun total de 178 concellos de toda Galicia.

 

En vista do éxito da primeira convocatoria, a Xunta decidiu convocar de novo este ano esta liña de subvención no marco da súa aposta polo fermosismo e para garantir unha integración harmónica entre as construcións urbanas e a contorna paisaxística.

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal