Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A Xunta invita aos propietarios de inmobles no Casco Histórico de Ribadeo a presentar as súas ofertas antes do 15 de xullo

Escoitar

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, sinalou que se consigna un orzamento de 200.000 euros para a adquisición de edificios no marco da área Rexurbe do municipio

Fri Jul 08 12:12:00 CEST 2022
  • Compartir

 Ribadeo (Lugo), 8 de xullo de 2022


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantén aberta ata o 15 de xullo  a oferta pública de adquisición de inmobles no casco histórico de Ribadeo, co obxectivo de rehabilitalos e destinalos despois a vivendas de promoción pública.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Xunta asignou un orzamento de 200.000 euros para mercar edificios neste municipio no marco da área Rexurbe declarada en decembro do pasado ano.

Arias sinalou que a Consellería está a levar a cabo unha campaña co lema Gañas ti, gaña Ribadeo, para animar aos propietarios a presentar as súas ofertas de venda. Para calquera dúbida que queiran consultar, teñen á súa disposición o número de teléfono 981 957 965.

A finalidade  do Programa Rexurbe é adquirir inmobles que, estando inscritos no Rexistro da propiedade, cumpran cos seguintes requisitos: permitan que as futuras vivendas reúnan as condicións óptimas de confort e habitabilidade; non se atopen afectados por servidumes ou cargas, que poidan facer inviable a actuación; e que os custos de rehabilitación non resulten desproporcionados.

Un dos criterios que se ten en conta para a adquisición dos mesmos é o interese da área na que se atopen, dando prioridade aos edificios que teñan un valor arquitectónico especial que aconselle a súa recuperación, aqueles cuxa rehabilitación poida contribuír de xeito especial á rexeneración da zona onde estea emprazado e ás ofertas que contemplen a recuperación dunha mazá completa.

A convocatoria deste ano prima a aqueles concellos que xa teñen declarada unha área de rexeneración urbana de interese autonómico —área Rexurbe—, onde existe un maior número de edificacións ou solares en estado de abandono ou semiabandono.
 
Ribadeo foi a quinta área Rexurbe declarada en Galicia e abrangue un ámbito de 407.000 m2, onde se identificaron 1.059 edificios e 1.390 vivendas. O obxectivo é abrir o centro histórico ao porto, mediante a rexeneración dos espazos verdes, e adecualo aos distintos sectores de idade de poboación e sobre todo para conectalo co mercado local e de servizos.

Distribución orzamentaria
As outras áreas Rexurbe de Galicia son as da Coruña, Ribadavia, Tui, Ferrol -a máis recente, de xaneiro de 2022- e Mondoñedo. Esta foi a primeira que se aprobou na comunidade e o proceso está máis avanzado. Recentemente adxudicouse -por un importe de preto de 360.000 euros-, a redacción dos proxectos de rehabilitación e dirección de obra dos 13 edificios que xa son propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) a raíz da oferta de compra lanzada no ano 2020.

A oferta actual do Programa Rexurbe conta cun orzamento global de 2 millóns de euros para adquirir inmobles en 5 concellos: A Coruña, Ferrol, Ourense, Ribadeo e Tui. No caso de non esgotarse o crédito previsto para un determinado municipio e se, ao mesmo tempo, o orzamento inicial previsto para os demais resultase insuficiente, poderá variarse o importe consignado a cada un.

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal