Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto ao secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, visitou hoxe o ámbito da actuación no Porriño

A Xunta anuncia a licitación da redacción do proxecto de interese autonómico no Porriño para habilitar solo para 300 vivendas

Escoitar

O Goberno galego escolle un ámbito que da continuidade á trama urbana, aproveitando as dotacións próximas e os servizos públicos

Das 300 vivendas, 240 fogares contarán con protección autonómica

A Xunta ten previsto crear zonas verdes na contorna do río Cudeiro, impulsando un novo espazo de lecer de calidade para a veciñanza

O investimento na licitación ascende a máis de 210.000€ e poderán presentarse ofertas a partir do próximo luns

Sat Dec 13 14:31:53 CET 2025
  • Compartir

O Porriño (Pontevedra), 13 de decembro de 2025

A Xunta publicará este luns a licitación, por un importe de 212.414 euros, da redacción do Proxecto de Interese Autonómico (PIA) no Porriño. O Goberno galego ten previsto habilitar solo para 300 vivendas, das que o 80% serán protexidas (240 fogares). O ámbito conta cunha superficie de 43.000m2.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto ao secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, visitou hoxe os solos, localizados na zona próxima ao pavillón municipal de deportes do Porriño.

O Consello da Xunta do 24 de novembro deu luz verde ao inicio da tramitación do expediente relativo á delimitación e declaración de interese autonómico das actuacións para habilitar solo nesta localidade pontevedresa.

Allegue explicou que a Xunta vai desenvolver este ámbito nunha zona próxima á trama urbana, aproveitando as dotacións próximas e os servizos públicos, e destacou a contorna dos solos, próximos ao río Cudeiro, onde está previsto crear unha zona verde respectando as especies autóctonas, impulsando así un novo espazo de lecer de calidade para a veciñanza.

Este novo PIA enmárcanse na Estratexia Galega de Solo Residencial que ten en marcha a Xunta, co obxectivo de desenvolver solo para 25.000 vivendas en Galicia, 20.000 protexidas e 5.000 libres.  Actualmente o Goberno galego ten en tramitación once proxectos de interese autonómico en Pontevedra, Vigo (Ofimático), Vigo (Cantabria–Ramón Nieto), Ourense, Lugo, Arteixo, A Coruña, Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa, Marín e O Porriño.

Allegue puxo en valor a aposta da Xunta polo crecemento urbano sostible e integrado das vilas e cidades e polo esforzo orzamentario na creación de solo e o impulso de vivenda pública nos Concellos que conforman as grandes áreas metropolitanas galegas como San Cibrao das Viñas, Ames, Arteixo ou Culleredo.

Área: Solo residencial ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal