Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, asinou en San Caetano un convenio co alcalde do municipio José Manuel Lamela Piñeiro

O Concello do Valadouro súmase ao programa da Xunta para mobilizar solos de titularidade municipal para a construción de 44 vivendas protexidas

Escoitar

O departamento que dirixe María M. Allegue pon a disposición do Concello esta nova ferramenta que lle outorga apoio técnico para ofertar, mediante concurso público, a parcela municipal, situada na confluencia da rúa Rosalía de Castro e da avenida da Veiga

O convenio co Concello de Valadouro é o quinto que se asina en Galicia, tras os rubricados cos concellos das Pontes de García Rodríguez, A Arnoia, Friol e Valdoviño

Esta iniciativa da Xunta trata de axilizar a construción de vivenda protexida en solos de titularidade municipal, tanto en réxime de venda como en alugueiro

Este novo programa está a suscitar o interese de máis administracións locais, coas que a Xunta xa se están a manter contactos

Mon Nov 24 11:37:27 CET 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto co secretario xeral da Consellería, Yago Borrajo, vén de asinar co alcalde do Valadouro, José Manuel Lamela Piñeiro, o convenio enmarcado no Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida neste municipio. Na sinatura do convenio tamén estivo o director territorial da Consellería en Lugo, Marco Antonio Fernández Piñeiro.

A través deste convenio, asinado en San Caetano, a Xunta pon a disposición do Concello do Valadouro esta nova ferramenta que lle outorga apoio técnico para ofertar, mediante concurso público, unha parcela de 2.010,88 m² da súa titularidade, situada na confluencia da rúa Rosalía de Castro e da avenida da Veiga, para a construción de polo menos 44 vivendas protexidas.

Así, o departamento que dirixe M. Allegue, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), sacará a concurso público en réxime de libre concorrencia esta parcela de titularidade municipal para a construción de fogares protexidos que poderían ser tanto en réxime de alugueiro como de venda. Ademais, deste xeito, facilitarase a información aos promotores, cooperativas e á cidadanía, en xeral, sobre os solos dispoñibles.

O IGVS tamén se encargará da publicación do solo dispoñible, a redacción dos pregos de bases, os anuncios de licitación, a mesa de contratación e a valoración técnica das ofertas, de maneira que os concellos unicamente terán que remitir ao IGVS a información sobre as parcelas a adxudicar e ditar a resolución de adxudicación, ademais de participar na mesa de contratación.

M. Allegue fixo fincapé na importancia desta colaboración cos concellos, sendo este novo convenio co Concello lucense de Valadouro o quinto que se asina en Galicia, tras o rubricados cos concellos das Pontes de García Rodríguez, da Arnoia, de Friol e de Valdoviño.

Este novo programa está a suscitar o interese de máis administracións locais, coas que a Xunta xa se están a manter contactos, e a conselleira recordou que o prazo par adherirse a este programa permanecerá aberto indefinidamente.

Área: Solo residencial
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal