Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, xunto ao secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, valorou hoxe a situación da xestión destas vivendas

Allegue pide ao Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana xestionar as vivendas da Sareb para integralas no parque público residencial de Galicia

Escoitar

A conselleira criticou a “ocorrencia” do Goberno central de poñer en mans privadas a xestión das vivendas da Sareb, sacando a concurso o contrato por un importe millonario

Allegue cualifica de “irresponsable” a utilización de fondos públicos nesta nova manobra do Estado, “que só xera confusión entre a cidadanía”

Reclama a xestión destes activos para integralos no parque público residencial e garantir a cualificación permanente como vivendas protexidas

Fri Nov 21 14:56:10 CET 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 21 de novembro 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, pide ao Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana xestionar as vivendas da Sareb para integralas no parque público residencial de Galicia, despois de que o Ministerio anunciase que sacará a concurso a xestión de 40.000 vivendas da Sareb.

Allegue, xunto ao secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, cuestionou que “o Goberno central pretende que unha inmobiliaria vaia poñendo á disposición da cidadanía estas vivendas en forma de alugueiro”.

Neste senso, a conselleira cuestionou que este procedemento “sen consenso nin diálogo” no garante a cualificación destas vivendas como públicas, “non terán prezos máximos de renda nin de venda” e obrigan aos cidadáns a apuntarse nun rexistro diferente ao xa existente en Galicia. “Isto xera confusión", afirmou.

Lembrou que múltiples ocasións, a Xunta ten solicitado a través de cartas, reclamacións nas reunións bilaterais, multisectoriais e sectoriais mantidas co Ministerio a cesión de máis vivendas, demanda tamén recollida desde o Parlamento galego. De feito, no último debate anual sobre política xeral celebrado en abril na Cámara, aprobouse por unanimidade unha resolución para instar ao Ministerio esta cesión, que evitaría “a utilización de 55M€ das arcas públicas a esas empresas privadas, cando poden facelo as comunidades”.

Allegue recordou que ata agora, ante a reiterada falta de resposta para a cesión de vivendas e solos da Sareb, a Xunta optou por adquirir vivendas da citada sociedade e acordar cos concellos directamente a cesión de parcelas urbanas para seguir construíndo vivenda pública.  “Porque cando as administracións dialogan pensando só  no beneficio dos cidadáns, podemos chegar a acordos. Senón, só temos disputas estériles que non se entenden sobre todo neste contexto de falla de vivenda accesible”, afirma.

Incumprimento lei estatal

Pola súa banda, o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto advertiu que coa medida anunciada, o Ministerio está a realizar “un manifesto incumprimento “ da propia Lei estatal de vivenda, que busca impulsar a promoción de vivenda protexida, obriga ás comunidades á adxudicación a través dos seus propios rexistros de demandantes e propón da colaboración entre administracións.

Hai que sinalar que Galicia fora en 2015 unha das primeiras comunidades en asinar coa Sareb un convenio para a xestión, en usufruto, de medio centenar vivendas da súa propiedade, que foron adxudicadas pola Xunta en alugueiro accesible. No ano 2023 a Administración autonómica adquiriu 40 con cargo a fondos do Plan Estatal de Vivenda destinados exclusivamente a este fin e cun investimento de máis de 3,9M€. Posteriormente, no 2024 adquiríronse outras 22 vivendas por preto de 2M€, das que 8 están situadas en grandes cidades (3 en Vigo, 3 en Lugo e 2 na Coruña) e o resto en Cee, O Barco de Valdeorras e Sarria.

García Porto apuntou que a petición da Xunta para a cesión de máis vivendas e solos tamén se efectuou sen éxito á nova sociedade estatal pública de vivenda, á que o Executivo central acordou traspasar estas vivendas da Sareb. E incidiu en que tampouco houbo resposta deste ente á petición da Administración autonómica para a cesión dos solos que foron licitados no marco do Proxecto Viena en Cangas e Ribeira, e cuxo concurso quedara deserto.

Área: Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal