Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asinou o acordo co alcalde, Carlos Calvelo, coincidindo coa publicación hoxe da licitación da redacción do proxecto e dirección da obra

Xunta e Concello de Arteixo selan a cesión de solo para construír 14 vivendas públicas no municipio, cuxas obras suporán un investimento autonómico de 2,7 M€

Escoitar

A conselleira subliña que as novas vivendas na rúa Aguceira en Vilarrodís sumaranse ás preto de 3.000 en marcha en Galicia, favorecendo o incremento da oferta de fogares accesibles, o que ademais vai a repercutir no prezo de alugueiro

Agradece a implicación dos concellos que se deben sumar ao reto, e moitos deles xa o están a facer, de construír vivendas públicas, facilitando solo residencial, e que partir do 2026 poderán tamén facer uso da figura dos Proxectos de interese autonómico

Destaca o esforzo investidor da Xunta en materia de vivenda, con 350 M€ de orzamento para políticas de vivenda, dos que 163 M€ serán destinados á nova construción de VPP

A Xunta porá en marcha no 2026 novas ferramentas para facilitar máis vivendas públicas e accesibles, como por exemplo, o Incremento da edificabilidade en determinados ámbitos ou a posibilidade de construír vivenda en solos dotacionais

Fai fincapé na importancia do PIA da Baiouca–Penouqueira, que permitirá habilitar solo para 160 novas vivendas, o 80 % delas protexidas, que está xa remitido para tramitación ambiental e en período de consultas ata o vindeiro 2 de decembro

Fri Nov 21 12:57:06 CET 2025
  • Compartir

Arteixo (A Coruña), 21 de novembro do 2025

A Xunta e o Concello de Arteixo veñen de formalizar un novo convenio de colaboración para a construción de vivenda pública, que permitirá levantar 14 novos fogares protexidos no municipio en solo cedido polo Concello, e cuxa execución das obras suporá un investimento autonómico de preto de 2,7 M€. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asinou esta mañá co alcalde, Carlos Calvelo, esta cesión da titularidade gratuíta dunha parcela na rúa Aguceira en Vilarrodís.  

Con este acordo con Arteixo, son xa 12 os convenios asinados pola Xunta con concellos en Galicia para facilitar solo destinado a vivenda protexida. Así, no compromiso do departamento que dirixe M. Allegue de ser áxiles, hoxe publicouse tamén a licitación da redacción do proxecto e dirección da obra deste inmoble. O prazo de presentación de ofertas estará aberto ata o 23 de decembro.

Tal e como explicou a conselleira, estas novas vivendas en Arteixo sumaranse ás preto de 3.000 xa en marcha en toda Galicia, destinadas, principalmente, a persoas mozas que buscan un fogar accesible para poder emanciparse. E aquí quixo trasladar a mensaxe do esforzo grande que está a facer a Xunta  para incrementar a oferta de vivenda, o que ademais vai a repercutir no prezo de alugueiro.

Allegue lembrou que incrementar o parque público de vivenda non pode recaer só na Xunta, e agradeceu a implicación dos concellos que deben sumarse ao reto, e moitos deles, xa o están a facer: construíndo vivendas públicas, facilitando solo residencial. Así. a partir do ano que ven os concellos poderán tamén facer uso da figura dos Proxectos de interese autonómico (PIAs), para avanzar no desenvolvemento de solo residencial.

Destacou o esforzo investidor da Xunta en materia de vivenda, con 350 M€ de orzamento para políticas de vivenda, dos que 163 M€ serán destinados á nova construción de VPP. Ademais, están as novas ferramentas que a Xunta porá en marcha o vindeiro ano para facilitar que haxa máis vivendas públicas e accesibles, como por exemplo, o Incremento da edificabilidade en determinados ámbitos ou a posibilidade de construír vivenda en solos dotacionais sen uso.

A titular de Vivenda insistiu na necesidade de implicación de todas as administracións e do sector, agradecendo neste caso a boa resposta municipal, xa que sen solo non hai vivenda. Ata este momento, os concellos que xa cederon solo son: A Coruña, Pontevedra, Lugo, Ames, A Estrada, Lalín, Teo, Vilagarcía, Carballo, San Cibrao das Viñas, Narón e agora Arteixo.

Ademais, aproveitou a visita ao municipio coruñés para facer fincapé na importancia do PIA da Baiouca–Penouqueira, que permitirá habilitar solo para 160 novas vivendas, o 80 % delas protexidas. O plan está xa remitido para tramitación ambiental, e en período de consultas ata o 2 de decembro.

Cómpre lembrar que o departamento que dirixe María M. Allegue tamén estende a colaboración coa localidade ao ámbito das infraestruturas, coa humanización da travesía de Arteixo, proxecto que conta cun préstamo da Xunta de preto de 1 M€.

Área: Solo residencial ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal