Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A Xunta entrega dous locais da súa propiedade para acoller novas iniciativas empresariais en Garabolos e na Tinería

Escoitar

O delegado territorial do Executivo autonómico en Lugo, Javier Arias, explicou que se adxudican en réxime de alugamento “con rendas moi competitivas que facilitan a posta en marcha de novos negocios”

Wed Nov 19 14:04:52 CET 2025
  • Compartir

Lugo, 19 de novembro de 2025

A Xunta de Galicia fixo entrega en Lugo de dous locais da súa titularidade a senllos adxudicatarios que asentarán neles distintas actividades económicas. Os inmobles, situados nos barrios da Tinería e Garabolos, ofrécense en réxime de alugamento “con rendas moi competitivas que facilitan a posta en marcha de novos negocios”

Así o explicou o delegado territorial, Javier Arias, que entregou hoxe as chaves do local da Tinería á súa adxudicataria. Trátase dun espazo de 23,31 metros, na Travesía do Miño, no que se establecerá unha oficina de márketing.

O segundo inmoble que vén de ser adxudicado pola Administración autonómica atópase na avenida Paulo Fabio Máximo, ten preto de 74 metros cadrados e albergará unha tenda de nutrición deportiva. Ambas instalacións, propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), están acondicionadas e contan cos servizos básicos necesarios para o seu uso.

Arias destacou que a oferta de baixos e locais comerciais no marco das promocións que executa o IGVS “ofrece interesantes vantaxes para emprendedores e empresarios, ao reducir custos de alugueiro ou reforma, entre outros”. Ademais, “axudan a dinamizar os barrios nos que se atopan”.

Ao respecto, lembrou que a Xunta “continua a traballar na rehabilitación urbanística, social e económica da Tinería, e un dos condicionantes fundamentais é atraer novos negocios á zona”.

Área: Rehabilitación
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal