Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

O delegado territorial da Xunta visitou esta mañá, acompañado do alcalde, o concello de Cualedro

Manuel Pardo pon en valor a rápida resposta da Xunta para paliar as consecuencias da vaga de lumes na provincia de Ourense

Escoitar

O delegado territorial lembrou os convenios con 46 concellos para paliar os danos ocasionados polos incendios forestais deste ano por un importe de 5 millóns de euros

Manuel Pardo informou que, a través deste convenio, a Xunta vén de facer unha achega de preto de 244.000 euros

Manuel Pardo achegouse a unha vivenda dun particular que percibiu unha axuda da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, de máis de 148.000 para a rehabilitación da súa vivenda habitual afectada polos incendios forestais deste verán

O representante do Goberno galego salientou que durante o operativo de emerxencia para garantir a alimentación do gando nas explotacións afectadas polos incendios forestais subministráronse no concello de Cualedro 94.600 kg de herba seca e 28.540 kg de palla

O delegado territorial remarcou que a Xunta activou en outubro un plan especial de voluntariado deseñado para contribuír á protección e recuperación daqueles concellos da provincia afectados polos incendios e que contan con espazos naturais protexidos

Wed Nov 12 14:27:01 CET 2025
  • Compartir

Ourense, 12 de novembro de 2025

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá ao concello de Cualedro para, acompañado do seu alcalde, Luciano Rivero, facer un percorrido polo municipio para interesarse pola situación das vivendas, infraestruturas e explotacións agrícolas e gandeiras afectadas polos lumes e que, grazas ás medidas e compromiso do Goberno galego, están a ser paliadas de maneira urxente.

O delegado territorial lembrou os convenios con 46 concellos para mitigar os danos ocasionados polos incendios forestais deste ano por un importe de 5 millóns de euros e detallou que entre os gastos que se prevé cubrir figuran obras de reparación, mantemento ou reposición das infraestruturas, equipamentos ou bens municipais afectados polos incendios, así como de adquisición de material para a reposición dos servizos afectados.

No caso de Cualedro, Manuel Pardo informou que, a través deste convenio, a Xunta vén de facer unha achega de preto de 244.000 euros para paliar os danos causados e atender ás situacións de necesidade, cubrir os gastos de limpeza e restauración destes, costear a recollida e traslado de restos, a adquisicións de diverso material necesario para a reposición dos servizos afectados polos incendios ou para a posta á disposición do persoal de emerxencias despregado na zona.

Así por exemplo, contémplase o saneamento en Muimenta, Montes e Pedrosa; a reparación de estradas en San Millao, e a que une As Estivadas con Baldriz; a recuperación do entorno de captacións de auga municipal; o acondicionamento de infraestruturas turísticas e restauración patrimonial.

Estas axudas tamén cobren os custos de limpeza e restauración ambiental; ou de alugueiro, combustible e reparación de maquinaria e vehículos. Ademais, finánciase os gastos de traslado, aloxamento e mantemento da poboación evacuada ou do persoal, tanto propio como dos efectivos do operativo de extinción, que o concello tivo que asumir.

Axudas desenvolvidas

Manuel Pardo achegouse a unha vivenda dun particular que percibiu unha axuda da Consellería  de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, de máis de 148.000 para a rehabilitación da súa vivenda habitual afectada polos incendios forestais deste verán. Alí explicou que neste caso, este veciño percibiu 132.000 € para rehabilitación ou para a súa reconstrución do inmoble declarado ruinoso. Do mesmo xeito, tamén recibiu axudas para renovar o enxoval doméstico cunha contía de 16.200 €.

Na visita, o delegado territorial salientou que durante o operativo de emerxencia para garantir a alimentación do gando nas explotacións afectadas polos incendios forestais subministráronse no concello de Cualedro 94.600 kg de herba seca e 28.540 kg de palla, e adiantou que dende a Consellería do Medio Rural vanse investir máis de 190.000 euros na mellora de infraestruturas viarias, na mellora da rede de drenaxe, na restauración hidrolóxica e de hábitats  e na eliminación da madeira queimada na área afectada polo incendio forestal de Oímbra, que atinxe aos concellos de Cualedro, Xinzo de Limia, Baltar, Verín e Oímbra.

Tralo percorrido, Manuel Pardo salientou tamén a acción de voluntariado organizada pola Xunta, que tivo como obxectivo ofrecer unha resposta rápida a dous grandes problemas ocasionados polos incendios forestais: os problemas hidrolóxicos, de erosión e de contaminación dos solos, e as necesidades de alimentación da fauna silvestre supervivente.

Deste xeito, remarcou que a  Xunta activou en outubro este plan especial de voluntariado deseñado para contribuír á protección e recuperación daqueles concellos da provincia de Ourense que resultaron afectados polos incendios forestais do pasado verán e que contan dentro do seu territorio con espazos amparados baixo algunha figura de protección.

Así, detallou o delegado territorial que arredor de 500 persoas se despregaron en zonas seleccionadas dunha ducia de concellos ourensáns durante as tres últimas fins de semana de outubro e a primeira de novembro, levando a cabo un total de 22 intervencións, baixo a coordinación e supervisión de axentes ambientais e de persoal técnico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

E concretou que unha das principais tarefas das persoas que participaron nesta iniciativa foi colaborar na colocación de acolchados de palla, fibras de madeira e outros materiais para crear faixas protectoras en zonas afectadas polo lume e con pendentes elevadas.

Área: Rehabilitación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal