Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, xunto ao secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, inaugurou hoxe o simposio, que Galicia acolle por primeira vez

Allegue aposta pola planificación como ferramenta clave para unha ordenación sostible do territorio na apertura do XII Congreso CIOT en Santiago, onde puxo en valor os 350 M€ que a Xunta dedicará en 2026 a políticas de vivenda

Escoitar

Preto de douscentos expertos asisten ao Congreso Internacional de Ordenación do Territorio promovido pola Xunta e a asociación Fundicot, que se celebra desde hoxe ata o vindeiro venres 14 en Santiago co lema Cultura territorial. O futuro non se improvisa

A conselleira destaca a necesidade dunha programación con perspectiva para responder ás demandas do presente e aos retos do futuro, co fin de legar ás xeracións futuras “un territorio ordenado, cohesionado, accesible e sostible”

Allegue puxo en valor as políticas da Xunta en materia de vivenda e infraestruturas “para facilitar unha Galicia máis vertebrada, conectada, máis sostible e unha Galicia na que residir sexa factible”

Subliñou que dos 560M€ dos orzamentos da Consellería, 163M€ irán dirixidos á construción de novos fogares, diante do reto de duplicar o parque público residencial que ten marcado o Goberno galego

O secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, participou na mesa redonda sobre “Estratexias para unha adecuada política da vivenda en España”

Wed Nov 12 13:24:09 CET 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, subliña a planificación como ferramenta clave para unha ordenación sostible do territorio na apertura do XII Congreso internacional de Ordenación do Territorio (CIOT) en Santiago de Compostela. Allegue, xunto ao secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, inaugurou hoxe este simposio, que promoven a Xunta e a Asociación Interprofesional de Ordenación do Territorio (Fundicot) e que Galicia acolle por primeira vez.

Baixo o lema Cultura territorial. O futuro non se improvisa, este congreso reúne a preto de 200 asistentes ata o vindeiro venres. Allegue destacou a cita como un magnífico foro para profundizar na xestión territorial desde todas as vertentes, da man de profesionais do ámbito académico, empresarial e das administracións públicas.

Apuntou a necesidade dunha programación con perspectiva para responder ás demandas do presente e aos retos do futuro para legar ás xeracións futuras “un territorio ordenado, cohesionado, accesible e sostible”.

E puxo en valor o impulso do Goberno galego “para facilitar unha Galicia máis vertebrada, máis conectada, máis sostible e unha Galicia na que residir sexa factible”, insistindo na planificación, a simplificación da burocracia e na necesidade “de ser valentes entre todos para acadar unha contorna saudable e segura onde vivir, apostando pola sostibilidade e respecto ao territorio”.

A conselleira afondou nas políticas de vivenda, urbanismo e infraestruturas que está a desenvolver o Goberno galego, subliñando o compromiso reflectido nos vindeiros orzamentos, que destinan 560M€ a estas áreas. Ás políticas de vivenda destínanse 350M€, das que 163M€ van dirixidas á construción de novos fogares, para continuar no reto de duplicar o parque público residencial con 4.000 novas vivendas. Apuntou que en ano e medio de lexislatura xa están en marcha case 3.000, máis do 70% do comprometido.

Destacou tamén as políticas que está a levar a cabo a Administración autonómica para facilitar solo onde poder construír. Neste senso, afirmou que a Estratexia Galega de Solo Residencial posta en marcha permitirá dispoñer solo para 25.000 vivendas, 20.000 protexidas, a través dos Proxectos de Interese Autonómico (PIA). “No 2028 teremos habilitado solo nos concellos onde existe maior demanda de vivenda protexida -sinalou-. Garantimos así unha ordenación adecuada do solo onde poder vivir”.

Tamén puxo en valor o labor de rehabilitación a través do programa Rexurbe, co que a Xunta adquire vivendas abandonadas en cascos históricos para a súa recuperación e posta a disposición da cidadanía, co obxectivo de garantir vivenda digna a prezo accesible; axudar a embelecer os centros históricos e ao mesmo tempo asentar poboación e dinamizalos.

Allegue avanzou que co mesmo fin de dinamizar vilas e asentar poboación no rural, a Xunta disporá unha nova liña de axudas para a recuperación de vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes, coas que se subvencionará ata o 75% da reforma, cun importe máximo de 30.000€.

Axilizar e desburocratizar

Entre as medidas que se porán en marcha cos novos orzamentos, a conselleira citou tamén o impulso das axudas a promotores para construír fogares protexidos e destacou as que permitirán axilizar trámites para seguir a dispoñer vivenda, como o incremento da edificabilidade nun 20%, sempre que ao menos el 60% da promoción sexa para vivenda protexida ou a posibilidade de construír en solos dotacionais abandonados ou en desuso vivendas protexidas, sen necesidade de modificar o planeamento. “Unha medida coa que non só axilizamos a construción en solo urbanizado, senón que tamén recuperamos  zonas degradadas”, indicou.

Ademais, regularanse os aloxamentos compartidos e a Xunta lanzará unha oferta pública de adquisición de locais en desuso, a través dun programa piloto en Ourense, para convertelos en vivendas accesibles e eficientes. E outorgarase ao Instituto Galego de Vivenda e Solo o dereito de tanteo e retracto das vivendas protexidas de segundas transmisións.

Por outra banda, incrementaranse tamén as axudas para mobilizar vivendas baleiras a través do programa Fogar Vivo e destinalas a alugueiro accesible.

E no eido das infraestruturas, Allegue destacou o investimento da Xunta para seguir sumando quilómetros de vías de altas prestacións libres de peaxe e intensificar a mellora da seguridade viaria, ademais do fomento da mobilidade sostible a través do Plan de Sendas, co fin de garantir os desprazamentos dos colectivos máis vulnerables. Aos 300 km de sendas xa executadas, uniranse máis de 100 na segunda fase deste plan.

Tras a intervención da conselleira, participou no congreso o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, que tomou parte na mesa redonda sobre Estratexias para unha adecuada política da vivenda en España.

Área: Solo residencial ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal