A Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas María M. Allegue, presidiu hoxe unha nova reunión do consello de administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia
A Xunta autoriza a adxudicación da redacción de proxectos e dirección de obra de 378 novas vivendas de promoción pública en Ferrol, Lugo, Ames e Carballo
En Lugo serán 169 vivendas protexidas no barrio de Garabolos
En Ferrol construiranse 58 vivendas de promoción pública na parcela 15 do sector PP-1-R do Bertón
No municipio de Ames, Vipugal executará 78 vivendas pública na rúa Agriños
Finalmente, no concello de Carballo construiranse 73 VPP na parcela sita na rúa Médico JM Lado, 18-N2-20
- Compartir
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, presidiu esta mañá unha nova reunión do Consello de Administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) na que se autorizou a adxudicación dos contratos de redacción de proxecto e dirección de obra para a construción de 378 novas vivendas de promoción pública (VPP) nos concellos de Lugo, Ferrol, Ames e Carballo.
Na cidade de Lugo, Vipugal adxudicará á UTE Naos 04 Arquitectos, S.L.P. – Manuel Vázquez Muiño o contrato para a redacción do proxecto e dirección de obra de 169 vivendas públicas que se edificarán na parcela A da Unidade de Actuación Norte 1– Norte 2, de Garabolos. O Importe da adxudicación será de 943.800 euros.
No concello de Ferrol, a redacción do proxecto e dirección de obra para a construción de 58 vivendas de promoción pública na parcela 15 do sector PP-1-R do Bertón será adxudicada por Vipugal á UTE Monteoliva arquitectura, S.L.P – Fraga y Mantiñan, por un importe de 360.580 euros.
Polo que respecta ao municipio de Ames, Vipugal adxudicará á UTE 78 VPP S-15 Agriños – Ames a redacción do proxecto e dirección de obra para a construción de 78 vivendas de promoción pública na parcela 1 (S-15) da rúa Agriños. O Importe da adxudicación será de 496.087,90 euros.
Finalmente, no concello de Carballo, na reunión de Vipugal de hoxe deuse conta tamén da próxima adxudicación á AM2 – RYR UTE, do contrato de servizo de redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra para a construción 73 VPP na parcela sita na R/ Médico JM Lado, 18-N2-20. O Importe da adxudicación será de 429.550 euros.
Con estas novas adxudicacións o equipo que dirixe María M. Allegue avanza no compromiso de duplicar o parque de vivendas públicas, acadando as 8.000 na presente lexislatura. Actualmente son preto de 3.000 as vivendas de nova construción as que están en diversas fases de execución.