Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, visitou as obras de construción de 64 vivendas de promoción pública en Cambedo da Raia, que estarán rematadas a finais do vindeiro ano

A Xunta elixe a cidade de Ourense para o programa piloto de adquisición de locais en desuso para transformalos en vivendas protexidas

Escoitar

Allegue sinalou que se trata de converter locais baleiros en fogares, se reúnen as condicións técnicas e xurídicas axeitadas para a transformación en vivendas protexidas

Detallou que a Xunta realizará unha convocatoria na cidade, establecendo un prezo máximo por m2 de local, para logo facer unha valoración individual de cada oferta

Indicou que a comunidade de propietarios terá que dar o visto e prace ao cambio de uso de local a vivenda

A Xunta destinará a esta medida un investimento de 5M€, dos que 2M€ serán para 2026

Os Orzamentos da Xunta para 2026 consignan 25,5M€ para Ourense, dos que 17,7M€ se dirixen, entre outras actuacións, á construción de máis vivenda pública e máis solo

Tue Oct 28 11:53:01 CET 2025
  • Compartir

Ourense, 28 de outubro de 2025

A Xunta desenvolverá en Ourense un programa piloto para a adquisición de locais en desuso que serán transformados en vivendas protexidas. Así o destacou hoxe a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, que subliñou que o obxectivo é seguir facilitando o acceso a un fogar.

Sinalou que se trata de converter locais que levan tempo baleiros en fogares, sempre que reúnan as condicións técnicas e xurídicas axeitadas para a transformación en vivendas protexidas.

Detallou que a Xunta realizará unha convocatoria na cidade de Ourense, onde xa non hai máis solo dispoñible para construír. Na oferta pública establecerase un prezo máximo por m2 de adquisición de local, para logo facer unha valoración individual de cada unha das ofertas presentadas. A comunidade de propietarios terá que dar o visto e prace ao cambio de uso de local a vivenda.

Salientou que o Executivo autonómico destinará a esta medida un investimento total de 5M€, dos que 2M€ serán para o ano 2026.

Cambedo da Raia

A conselleira, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, avanzou esta nova iniciativa na súa visita hoxe ás obras de construción de 64 novas vivendas de promoción pública en Cambedo da Raia. Os traballos avanzan a bo ritmo, o que permitirá que estes 4 bloques estean rematados a finais do vindeiro ano.

Engadiu a estas vivendas as máis de 1.600 planificadas no sector Escorial-21 e as 12 en San Cibrao das Viñas, é dicir, máis de 1.700 novas vivendas que a Xunta ten planificadas.

Puxo en valor os Orzamentos da Xunta para 2026, que consignan 25,5M€ para Ourense, dos que 17,7M€ estarán destinados, entre outras actuacións, á construción de máis vivenda pública e máis solo.

Ademais lembrou que o Goberno galego está a traballar tamén na rehabilitación de vivendas no centro histórico, ao abeiro do programa Rexurbe, dotado con 2M€, que permitirá recuperar 6 vivendas nas rúas Manuel Sueiro e Pelaio.

Área: Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal