Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A titular de Vivenda visitou hoxe en Santiago un inmoble comprado a través deste liña financiada con fondos propios da comunidade autónoma, para a adquisición de vivenda en cascos históricos

A conselleira M. Allegue destaca o éxito da liña de axudas da Xunta para a compra de vivenda en conxuntos históricos, que beneficiará este ano a máis de 80 persoas cun investimento de 800.000€

Escoitar

A Xunta impulsa varias liñas de axuda para favorecer a compra de vivenda nestas zonas, que no caso de menores de 36 pode chegar aos 12.800 euros, e son compatibles co Aval Mozo, que cobre o 20 % do importe da compra

Desde a posta en marcha destas axudas en casco histórico concedéronse 313 axudas de apoio á compra de vivenda, achegas  que se engaden a outras liñas de apoio á compra de vivenda protexida e adquisición en concellos de menos de 10.000 habitantes

A conselleira avanza que o proxecto de Orzamentos da Xunta para 2026 contempla un incremento do 13 % na partida das axudas á adquisición de vivenda

Thu Oct 23 13:24:52 CEST 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, fixo balance hoxe da convocatoria do 2025 da liña de axudas da Xunta para a compra de inmobles en centros históricos, que beneficiará  este ano a 83 persoas cun investimento autonómico de 800.000 euros.

M. Allegue visitou hoxe unha das vivendas adquiridas a través da liña de axudas, financiadas integramente con fondos propios da Comunidade Autónoma, destinada a dinamizar os centros históricos e facilitar o acceso á vivenda en zonas patrimoniais, situada neste caso na rúa Pexigo de Abaixo, no corazón do casco vello de Santiago.

A Xunta impulsa varias liñas de axuda para favorecer a compra de vivenda nestas zonas, fomentando que os centros volvan encherse de vida. Neste caso, Álvaro, o propietario, recibiu unha achega de 12.800 euros, financiada exclusivamente con fondos propios da Comunidade Autónoma, por ser menor de 36 anos. Estas axudas son compatibles co Aval Mozo, que cobre o 20 % do importe non financiado polas entidades bancarias.

A conselleira destacou a importancia desta liña: É unha medida que facilita o acceso á vivenda para a mocidade e contribúe á revitalización dos centros históricos.

Durante este 2025, a Xunta concedeu 50 axudas para a compra de vivendas en conxuntos históricos e xa ampliou a dotación orzamentaria para atender outras 33 solicitudes adicionais, o que supón 83 beneficiarios este ano.

Desde a posta en marcha desta liña en 2019, concedéronse 313 axudas a compradores de vivendas en centros históricos de Galicia. Ademais, o Executivo galego mantén outras liñas de apoio á compra de vivenda protexida e adquisición en concellos de menos de 10.000 habitantes.

A conselleira avanzou que o proxecto de orzamentos da Xunta para 2026 contempla un incremento do 13 % a partida as axudas á  adquisición de vivenda.

Área: Axudas ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal