Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

O presidente da Xunta de Galicia participou hoxe en Vigo no acto de inicio de obra dun edificio de 37 vivendas protexidas na parroquia de Navia

Rueda sitúa a Galicia á vangarda da construción de vivenda pública co emprego de técnicas industrializadas

Escoitar

O uso das técnicas industrializadas permite reducir tempos de execución, evitar atrasos, mellorar o uso de materiais como a madeira galega e facer fronte á escaseza de man de obra cualificada

A aposta por este modelo enmárcase na estratexia da Xunta pola modernización do sector, reforzando a competitividade das empresas galegas e fomentando un modelo produtivo máis sostible e tecnolóxico

En conxunto, a planificación en Vigo abrangue ata 5.300 vivendas, incluíndo os fogares de Navia e os que se desenvolvan nos ámbitos de Ofimático e Ramón Nieto

A Xunta ten comprometidos  248 millóns de euros en Vigo para desenvolvemento do solo residencial e promoción de vivenda pública

Enmarca este proxecto na aposta da Xunta por duplicar o parque público nesta lexislatura ata as 8.000 vivendas, das cales xa hai preto de 3.000 en marcha, 400 delas empregando técnicas industrializadas

Declaracións do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda

Tue Oct 21 15:00:48 CEST 2025
  • Compartir

Vigo, 21 de outubro de 2025

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, participou hoxe en Vigo no acto de inicio de obra dun edificio de 37 vivendas protexidas en Navia, unha obra que marca, segundo subliñou, o comezo dun novo tempo na maneira de facer vivenda pública en Galicia. O proxecto conta cun investimento de 8,3 millóns de euros e forma parte da ampliación deste barrio, que se consolida como referente da política residencial autonómica: “Seguimos dándolle visos de realidade a esa aposta que fixemos de construír moita vivenda pública, dobrar o parque público de vivendas e multiplicar o parque de vivendas de protección social con colaboración público-privada”, subliñou.

Rueda destacou que, por primeira vez, unha licitación pública de vivenda formúlase dando prioridade ao uso de técnicas industrializadas, o que supón unha aposta pola innovación, a modernización, a eficiencia e a sustentabilidade na construción. Este novo modelo permitirá reducir tempos de execución, evitar atrasos, mellorar o uso de materiais (como a madeira galega) e facer fronte á falla de man de obra cualificada:  “Hoxe era un día especialmente importante porque este edificio sóbese ás novas técnicas de construción novas, a construción industrializada, que permite aforros de tempo e superar moitos dos atrancos que afrontan moitas obras. E asegura a calidade”, salientou o presidente.

O xefe do Executivo autonómico sinalou que Galicia quere situarse á vangarda neste eido, liderando no sector público un proceso de cambio que xa está transformando a edificación a nivel global: “Se seguimos facendo as cousas ben, o que agora é unha novidade que empeza en Galicia, con outras comunidades preguntando e fixándose no exemplo que estamos dando, dentro de pouco tempo será xa unha realidade xeralizada”, subliñou Rueda. A aposta pola industrialización inscríbese nunha estratexia máis ampla da Xunta para modernizar o sector da construción, reforzar a competitividade das empresas galegas e fomentar un modelo produtivo máis sostible e tecnolóxico. Neste senso,  lembrou o convenio asinado co Clúster da Construción para impulsar a incorporación do uso das técnicas industrializadas no sector da construción.

O presidente destacou tamén o papel de Navia como exemplo de compromiso da Xunta coa vivenda pública: “Aquí en Vigo temos a maior aposta de Galicia nese sentido, con 250 millóns de euros investidos en vivenda pública”, destacou. O proxecto de ampliación prevé un total de 1.600 novos fogares, dos que 1.000 xa están en marcha, aos que engadir outras 3.700 que se construirán nos ámbitos de novo desenvolvemento no Ofimático e Ramón Nieto. En conxunto, a planificación en Vigo abrangue ata 5.300 vivendas: “Seguiremos ata cumprir o obxectivo ambicioso que nos temos marcado de arredor de 1600 novas vivendas de protección pública aquí en Vigo”, apuntou Rueda.

Para 2026, os orzamentos autonómicos inclúen 58,5 millóns de euros para a construción de vivendas de promoción pública neste ámbito (22% máis que en 2025), ademais de preto de 13 millóns para o desenvolvemento de solo protexido, 1,2 millóns para aloxamentos compartidos e 1,7 millóns destinados ao Consorcio Casco Vello. 

O investimento comprometido en Vigo é de 248 millóns de euros, dos cales 134 xa están en execución. Rueda lembrou, con todo, que os concellos tamén deben asumir a súa parte de responsabilidade nesta materia, e instou ao Concello de Vigo a impulsar novas actuacións, xa que ata o momento só se deron pasos para 27 vivendas en Esturáns, aínda sen iniciar.

Aposta da Xunta polo parque público de vivenda

O titular da Xunta enmarcou este proxecto na aposta firme do Goberno galego pola vivenda pública nesta lexislatura, co obxectivo de duplicar o parque autonómico ata acadar 8.000 vivendas. Actualmente, xa hai preto de 3.000 en marcha en toda Galicia, das cales unhas 400 empregan técnicas industrializadas: “Queremos cumprir o comprometido e queremos cumprilo nos prazos previstos”, apuntou. Os orzamentos de 2026 reforzarán ademais as partidas para promoción, xestión e solo residencial destinado a vivenda de alugueiro e de venda.

Rueda subliñou que a vivenda é unha das principais políticas de cohesión social e territorial da Xunta, e asegurou que Galicia está a exercer este dereito con responsabilidade, visión de futuro e compromiso coa sustentabilidade: “É unha resposta á primeira demanda da xente agora mesmo: o dereito a unha vivenda digna, a unha vivenda de calidade”, salientou o presidente. O proxecto de Navia, incidiu, non é só unha obra, senón un laboratorio de ideas que permitirá avanzar cara unha vivenda pública máis moderna, eficiente e dispoñible en menos tempo.

Área: Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal