Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A Xunta publica no DOG a delimitación do ámbito da Baiuca-Penouqueira en Arteixo, para desenvolver solo residencial onde construír 160 vivendas

Escoitar

A resolución implica a declaración do interese autonómico da actuación que se levará a cabo, no marco da Estratexia Galega de Solo Residencial que ten en marcha a Xunta

Están en redacción os PIA para desenvolver, ademais do de Arteixo, outros seis ámbitos en Pontevedra, Vigo, Ourense, Lugo, Santiago e A Coruña e a Xunta acaba de adxudicar os contratos de redacción dos de Vilagarcía e Ramón Nieto en Vigo

Mon Oct 13 12:44:08 CEST 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2025

A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a delimitación do ámbito da Baiuca-Penouqueira, para desenvolver solo residencial, onde se poderán construír 160 vivendas.

A resolución recolle a aprobación da delimitación do ámbito de actuación identificado no planeamento xeral como UA 44, A Penouqueira, A Baiuca, situado sobre a ladeira do Monte Penouqueira, á altura do lugar das Carballas e con acceso desde a travesía de Arteixo, que será obxecto de transformación urbanística para a creación de solo destinado maioritariamente á construción de vivendas sometidas a algún réxime de protección pública en Pontevedra.

Estes proxectos enmárcanse na Estratexia Galega de Solo Residencial que ten en marcha a Xunta, co obxectivo de desenvolver solo no que facilitar a construción de 25.000 vivendas en Galicia, 20.000 protexidas e 5.000 libres.

Cómpre lembrar que están en redacción os Proxectos de Interese Autonómico (PIA) para desenvolver, ademais do de Arteixo, outros seis ámbitos en Pontevedra, Vigo, Ourense, Lugo, A Coruña e Santiago de Compostela, nos que construír 15.000 vivendas. E a Xunta acaba de adxudicar os contratos de redacción dos PIA en Vilagarcía e Ramón Nieto en Vigo para desenvolver solo onde se estima que se poderán construír ao redor de 1.800 vivendas.

 

Área: Solo residencial ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal