Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

O Consorcio Casco Vello de Vigo aproba o seu plan ata 2030 con 25 inmobles de actuación prioritaria e un investimento de 15 millóns de euros

Escoitar

A convocatoria extraordinaria do consello de administración saca adiante por unanimidade a súa folla de ruta do próximo lustro para seguir recuperando o barrio

A delegada da Xunta en Vigo e presidenta do organismo autónomo, Ana Ortiz, celebra o acordo que permitirá poñer vivenda pública a disposición da cidadanía

“O traballo que levamos a cabo durante os últimos 20 anos vai ter continuidade coa rehabilitación e a construción de vivenda como prioridades”, sinalou

Thu Oct 09 14:47:28 CEST 2025
  • Compartir

Vigo, 9 de outubro de 2025

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello (CCVV), Ana Ortiz, valorou o acordo acadado este xoves no consello de administración extraordinario do organismo autónomo para aprobar tanto o seu Plan de Actuación 2026-2030 como o convenio entre administracións e o Plan de Actuacións, Investimentos e Financiamento (PAIF) 2026.

“Hoxe estamos de parabén porque o traballo feito durante os últimos 20 anos para a recuperación do barrio histórico vai a ter continuidade, porque o noso compromiso é firme e imos seguir nesta liña para que o Casco Vello teña unha rehabilitación integral no menor tempo posible”, sinalou a representante autonómica unha vez acadada a unanimidade de todos os representantes do consello de administración do consorcio.

Ana Ortiz valoraba así o acordo para que o CCVV, participado nun 90% pola Xunta de Galicia e un 10% polo Concello de Vigo, siga traballando durante o vindeiro lustro na rehabilitación do barrio e a construción de vivenda de protección autonómica. “Logrmos o obxectivo, non só é recuperar a zona histórica e as raíces da cidade, como levamos facendo desde o ano 2005, senón tamén poñer ao dispor da vigueses vivenda de promoción pública”, engadiu.

A delegada lembrou que o Consorcio Casco Vello “é un dos mellores exemplos do traballo continuado que realizamos en favor da cidadanía viguesa cando non se lle poñen trabas” e indicou que xa hai 90 edificios rehabilitados, 130 vivendas e 36 locais en marcha para “dar vida de novo a un barrio que se atopaba en moi mal estado”. 

O Plan de Actuación 2025-2030 aprobado este xoves por unanimidade marca as pautas de rehabilitación que levará a cabo o organismo durante o vindeiro lustro. Así, un total de 25 inmobles son cualificados como obxectivo de actuación prioritaria e outros 20 edificios máis integran unha listaxe de actuación secundaria para dotar ao plan de flexibilidade. Ademais, o plan contará cun investimento dun total de 15,1 millóns de euros, que será financiado mediante ingresos por venda de inmobles, transferencias de capital dos entes consorciados e ingresos correntes. 

Área: Rehabilitación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal