Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

Heriberto García Porto interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento de Galicia

O secretario xeral de Vivenda e Urbanismo acusa ao PSdG de buscar a confrontación, en lugar de reivindicar o mellor Plan estatal para Galicia

Escoitar

O secretario xeral de Vivenda e Urbanismo reiterou que a Xunta asumirá o cofinanciamento do plan nun 40%, o que supón quintuplicar a achega autonómica

García Porto recriminou a López Font que non sexa quen de apoiar as reivindicacións da Xunta para acadar un Plan Estatal de vivenda adaptado as necesidades de Galicia

Manifestou que o documento xa vai con retraso, polo que pode non estar operativo antes do segundo semestre do ano 2026

Fixo fincapé en que a Xunta ten en execución preto de 3.000 vivendas de promoción pública, das que ningunha recibiu fondos estatais

Tue Oct 07 16:41:07 CEST 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2025

O secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento, onde acusou ao PSdG-PSOE de buscar a confrontación, en lugar de reivindicar o mellor Plan Estatal de Vivenda para Galicia.

García Porto recriminou a José López Font que non sexa quen de apoiar as reivindicacións da Xunta para acadar un Plan Estatal de vivenda adaptado as necesidades da comunidade.

Reiterou que a Xunta asumirá o cofinanciamento do plan nun 40%, o que supón quintuplicar a achega da Xunta, un esforzo orzamentario que Galicia está disposta a asumir, pero ante unha programación consensuada.

Lembrou que o Goberno galego dirixiu cartas á ministra de Vivenda manifestando a dispoñibilidade da Xunta a asumir a aportación do 40% e indicando a necesidade de dispoñer dun borrador do plan. Ata agora non houbo resposta do Ministerio.

Recordou que esta vontade da Xunta tamén se reiterou na reunión bilateral mantida co director xeral de Vivenda do Ministerio en xuño e na multilateral de xullo co secretario de Estado e os directores das outras comunidades. De novo, trasladouse a mesma disposición na comisión bilateral de setembro e na conferencia sectorial de outubro.

García Porto desmentiu que o Goberno ofrecera 380M€ a Galicia, ao abeiro do plan, pois o  Estado fixou unilateralmente un importe global de 7.000M€ e acordou que o reparto das aportacións debía ser dun 60% a nivel estatal e dun 40% autonómico. Neste sentido, a Galicia corresponderíanlle 399M€, dos que o Goberno achegaría 239M€ e a Xunta 160 M€.

Lamentou que a Xunta, a tres meses da finalización do vixente plan e sen participación das CCAA remita un borrador coa mensaxe pública de que se pretende aprobar en decembro deste ano. O Goberno galego remitiu de novo as reivindicacións que vén realizando dende decembro de 2024 para que se inclúan no plan as prioridades de Galicia.

Manifestou que o plan xa vai con retraso, polo que pode non estar operativo antes do segundo semestre do ano 2026.

Por outra parte, o secretario xeral fixo fincapé en que actualmente en Galicia a única administración que está a construír vivendas é a Xunta, que ten en execución preto de 3.000 vivendas de promoción pública, das que ningunha recibe fondos estatais.

Área: Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal