Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de infraestruturas, María M. Allegue, participou xunto ao secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, na Conferencia Sectorial

Allegue: “O que pedimos as comunidades autónomas son propostas sensatas que a ministra de Vivenda debe atender”

Escoitar

O Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana acepta a proposta da Xunta de creación dun grupo de traballo coas comunidades autónomas para que se reúna a semana que ven, na procura dun plan de consenso, cuestión que foi aceptada

A conselleira criticou a falta de participación das comunidades autónomas na elaboración do plan, ao tempo que lamentou o retraso “inxustificable” da súa tramitación por parte do Ministerio, que pon en perigo a convocatoria das liñas de axudas vinculadas ao plan

Reclamou axudas para incentivar ao sector para a construción de vivenda protexida, tanto en réxime de alugueiro como en venda, e tamén para urbanizar solo residencial, ademais de programas flexibles, non ríxidos, que eviten burocracia

A titular da CVPI puxo enriba da mesa a problemática á que se enfrontan os socios cooperativistas de Galivivienda,  xestora pendente aínda da financiación do ICO e de que o Estado garanta os fondos europeos que a cooperativa ten concedidos

Thu Oct 02 18:13:51 CEST 2025
  • Compartir

Madrid, 2 de outubro de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, insistiu hoxe trala súa participación na Conferencia Sectorial de Vivienda en Madrid na que se abordou o Plan Estatal de Vivienda en que “o que pedimos as comunidades autónomas son propostas sensatas que a ministra debe atender”. Na Sectorial, o Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana  aceptou a proposta da Xunta da creación dun grupo de traballo  coas comunidades autónomas para que se reúna a semana que ven, na procura dun plan de consenso, cuestión que foi aceptada. Ademais, a ministra comprometeuse a responder ás alegacións ao plan estatal formuladas xa hai meses pola Administración autonómica.

Na súa intervención, M. Allegue insistiu na crítica á falta de participación das comunidades ata agora neste plan, que terán que aplicar e que “vai xa cun retraso inxustificable que pon en perigo a convocatoria das axudas vinculadas ao mesmo, o que supón un ano perdido para a posta en marcha dos programas”.

Ademais de reclamar maior flexibilidade do plan, fronte á imposición de condicións, prazos e requisitos de contratación, a  conselleira solicitou que o novo documento inclúa liñas de axudas para incentivar a construción de vivenda protexida por parte de promotores -para alugueiro e tamén para venda- e para financiar a adquisición e urbanización de solo residencial, destinado á construción de vivenda protexida, porque “sen solo, non hai vivenda”.

Así mesmo, Allegue insistiu na necesidade de recuperar actuacións financiadas con   cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, incluíndo expresamente a posibilidade de dar continuidade a actuacións en execución que conten con axudas concedidas ao amparo destes fondos europeos. Reclamou tamén unha solución para as obras que non poidan finalizarse a tempo con recursos do plan de vivenda, e que se garanta que se non se rematan en prazo, no se terá que devolver as axudas.

Neste sentido, a conselleira esixiu unha solución para os socios cooperativistas de Galivivienda en Xuxán, Coruña. Lembrou á ministra que a xestora “segue pendente da financiación ICO e, por suposto,  segue pendente de que o Estado garanta  os fondos europeos que esta cooperativa ten concedidos”.

Por outra banda, respecto da nova convocatoria do Bono Mocidade, a conselleira solicita ao Ministerio que, dado que no novo plan se contempla un programa similar para mozos, non se solapen convocatorias e se posibilite que os fondos do bono 2025 se dediquen á xestión do programa do novo plan de axuda ao alugueiro para a emancipación de persoas mozas.

Por último, Allegue subliñou que a Xunta está disposta a cofinanciar o plan, pero “debe ser un plan realista e consensuado que dea respostas ao problema de acceso á vivenda”. Neste sentido, destacou que a declaración de zonas de mercado residencial tensionado non é a solución, tal e como se está vindo por exemplo en Cataluña, e “o Goberno non pode utilizar esta ferramenta coma medida de presión”.

Área: Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal