A Xunta adxudica dúas vivendas de Sarria que comprou á Sareb e reformou para incrementar a oferta pública
Fri Sep 26 13:13:00 CEST 2025
- Compartir
Sarria (Lugo), 26 de setembro de 2025
A Xunta de Galicia adxudicou en alugueiro dúas vivendas de Sarria que adquiriu o pasado mes de decembro á Sareb e reformou co obxectivo de incrementar a oferta de pisos de promoción pública no municipio. Ambas están situadas na rúa Nova e constan de tres dormitorios, garaxe e rocho.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, fixo hoxe entrega das chaves a unha das familias adxudicatarias, e destacou a axilidade coa que se executaron as xestións e as obras para poñer canto antes as vivendas a disposición dos demandantes.
A compra formou parte da adquisición por parte da Xunta de 22 vivendas á Sareb por un importe de 2.049.421 euros, situadas en distintos concellos galegos.
Área: Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova