Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, xunto coa secretaria xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, María Ángeles Domínguez, abordou este asunto, tras a celebración, onte, da Comisión Multilateral

Allegue: “Pedimos ao Ministerio que o Plan Estatal impulse a construción e o desenvolvemento de solo residencial, claves para afrontar o déficit de vivenda”

Escoitar

O documento que presenta o Goberno central non foi consensuado coas comunidades, polo que a Xunta solicitou hoxe unha reunión bilateral co Ministerio, previa á Conferencia Sectorial para que inclúan as reivindicacións de Galicia, trasladadas en decembro do 2024

Allegue remarcou o compromiso do Goberno galego de duplicar o parque público de vivenda, pero non pode ser que só a Xunta constrúa e cómpre incentivar o sector

Reivindicou que ao abeiro deste plan estatal debe haber un programa para financiar a adquisición e urbanización de solo residencial destinado a vivenda protexida, tamén en réxime de venda, non só de alugueiro

O Executivo obriga a cofinanciar o plan cunha aportación mínima do 40%, quintuplicando a achega da Xunta, un esforzo que Galicia pode asumir, pero ante un programa consensuado

Allegue manifestou a inquedanza da Xunta polos retrasos no plan, que dificilmente será aplicable en 2026, o que supón irresponsabilidade na xestión pública

Fri Sep 26 12:50:22 CEST 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, destacou que o Plan Estatal de Vivenda replica os mesmos erros do anterior, polo que “non solucionará o problema de acceso á vivenda, ao non impulsar a construción nin o desenvolvemento de solo”.

Allegue, acompañada pola secretaria xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), María Ángeles Domínguez Franjo, abordou hoxe nunha rolda de prensa este novo plan, que non está consensuado, polo que adiantou que a Xunta solicitou hoxe unha reunión bilateral co Ministerio, previa á Conferencia Sectorial para que se inclúan as reivindicacións de Galicia, xa trasladadas en decembro do ano 2024.

Destacou que o problema da vivenda non se soluciona só con axudas ao alugueiro e intervindo o mercado, senón que cómpre construír máis e habilitar máis recursos para adquirir e urbanizar solo, subliñando que “sen solo non se pode construír”

Remarcou o compromiso do Goberno galego de duplicar o parque público de vivenda, pero sinalou que non pode ser que só a Xunta constrúa, xa que é necesario mobilizar o sector con políticas que o incentiven.

A Xunta vén reivindicando que debe haber un programa destinado a financiar a adquisición e urbanización de solo residencial destinado maioritariamente a vivenda protexida; e tamén debe de permitirse a construción de vivendas protexidas en réxime de venda, non só de alugueiro.

Ademais recordou que o Goberno obriga a cofinanciar o plan  cunha aportación mínima do 40%, o que supón quintuplicar a achega da Xunta, un esforzo orzamentario que Galicia está disposta a asumir, pero ante unha programación consensuada.

Sinalou que se trata dun plan imposto e ríxido non só en programas, senón incluso en canto a requisitos de documentación e chegando a indicar incluso “como temos contratar as obras e como temos baremar as licitacións públicas, o que significa unha invasión competencial e unha posible ilegalidade que imos estudar”.

Tamén manifestou a inquedanza da Xunta polos retrasos no plan, que dificilmente será aplicable en 2026, posto que hai que asinar os convenios, realizar as transferencias dos fondos ou as convocatoria de axudas. Apuntou que se trata dunha irresponsabilidade na xestión pública.

Área: Solo residencial ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal