Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, visitou esta tarde o concello de Pantón

A Xunta leva transferidos 1,4 M€ en axudas para os propietarios de vivendas afectadas polos incendios forestais

Escoitar

O Goberno galego concedeu xa 19 axudas, das que 17 se corresponden coa provincia de Ourense e 2 con Lugo

Allegue concretou que no caso do concello de Pantón, o lume afectou a 6 vivendas, 5 en Budián, das que unha é primeira residencia e o resto segundas residencias, e 1 en Acedre, tamén segunda residencia

Animou aos veciños a solicitar estas achegas, que poden acadar case 150.000€ no caso de vivendas habituais, ou os 66.000€ para segundas residencias como estas de Pantón

Thu Sep 25 18:35:09 CEST 2025
  • Compartir

Pantón (Lugo), 25 de setembro de 2025

A Xunta leva transferidos 1,4M€ en axudas para os propietarios de vivendas afectadas polos incendios forestais deste verán. Así o detallou hoxe a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, que visitou o núcleo de Budián, en Pantón, para coñecer a situación das vivendas danadas polos lumes.

Destacou que o Goberno galego xa concedeu 19 axudas, das que 17 se corresponden coa provincia de Ourense e 2 con Lugo. Sinalou que dende o 1 de setembro, data na que se activaron estas axudas, un total de 110 persoas presentaron as solicitudes, que se están a tramitar.

Concretou que no caso do concello de Pantón, o lume afectou a 6 vivendas, 5 en Budián, das que unha é primeira residencia e o resto segundas residencias, e 1 en Acedre, tamén segunda residencia. A conselleira puido escoitar esta tarde á veciñanza afectada e comprobar in situ os danos.

Animou aos veciños de Pantón a solicitar estas achegas da Xunta, cuxa tramitación e resolución está a axilizar o Goberno galego, tal como se pode ver nas axudas xa outorgadas.

Cómpre lembrar que as achegas autonómicas poden acadar case 150.000€ no caso de vivendas habituais, pois aos 132.000€ para rehabilitación do inmoble poden engadirse 16.200€ polo enxoval doméstico. En caso de segunda residencia, como estas de Pantón, as axudas son de ata 66.000€ e 5.400€ para o enxoval.

A Xunta ten habilitadas 16 oficinas para resolver dúbidas das persoas afectadas e axudalas a presentar as solicitudes. A cidadanía tamén pode dirixirse a calquera das oficinas do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) ou aos concellos.

Área: Rehabilitación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal