Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira incidiu hoxe no Pazo do Hórreo que a Xunta “foi a primeira administración en actuar” na defensa dos dereitos dos cooperativistas de Galivivienda en Xuxán, na Coruña

A conselleira María M. Allegue esixe ao Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana que garanta a prórroga dos fondos europeos ás promocións das cooperativas en Galicia

Escoitar

Allegue pon o acento na necesidade da prórroga dos fondos MRR para non frear as promocións cooperativas como a de Xuxán (na Coruña) ou á das 27 vivendas prevista en Vigo, que non chegarán a tempo se non se amplían os prazos

Lembra que a Xunta foi a primeira en reaccionar no caso da cooperativa de Xuxán, mantendo contacto permanente coa xestora Galivivienda, os socios, o ICO e a ministra de Vivenda

Pon o acento na transparencia e dilixencia nas actuacións da Xunta, desde a licitación do concurso “público e transparente” do ano 2023, no que Galivivienda resultou adxudicataria de 224 vivendas protexidas en alugueiro, ata lograr a rectificación no préstamo do ICO

Reitera que a Xunta non permitirá desvirtuar os alugueiros accesibles, taxados por normativa, polo que se fose necesario recuperarase o solo público

A titular de Vivenda pide aos grupos da oposición que defenda en Madrid os intereses de Galicia e se sumen á reclamación da Xunta perante o Ministerio para asegurar, “dunha vez por todas”, a prórroga dos fondos europeos

Wed Sep 24 18:05:18 CEST 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, reiterou hoxe no Pazo do Hórreo  a reclamación ao Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana da prórroga dos fondos europeos MRR, para garantir a execución das promocións de vivenda cooperativa en Galicia.

Na súa intervención no Pazo do Hórreo, a conselleira referiu as actuacións levadas a cabo en defensa dos dereitos das persoas cooperativistas de Galivivienda en Xuxán, na Coruña.  Incidiu na necesidade de que se garanta a dita prórroga dos fondos MRR vinculados a esta e outras promocións para que saian adiante. No caso de Vigo, por exemplo, hai 27 vivendas previstas que aínda non están iniciadas “e que non chegarán a tempo se non se prorrogan os prazos”, sinalou.

A conselleira lembrou que a Xunta foi a primeira administración en actuar, mantendo contacto permanente coa cooperativa Galivivienda, cos socios, co ICO e coa ministra de Vivenda. “Fomos a única administración que estivo do lado dos cooperativistas desde o primeiro momento. As hemerotecas están aí para demostralo”, tal e como ilustrou na súa intervención no Parlamento.

En contraposición, a conselleira amosouse crítica ante a visita do director xeral de Vivenda do Ministerio á Coruña a instancias do Concello o 9 de maio, cualificada como “colmo da demagoxia”, cunha  “viaxe relámpago sen ningunha solución real”.

Pasos dados

María M. Allegue deixou claro os pasos dados pola Xunta, desde o ano 2023, cando se licitaron en Xuxán parcelas para vivenda protexida en alugueiro, “nun concurso público, transparente e con canon simbólico”. Nese concurso, Galivivienda resultou adxudicataria de 224 vivendas, e nese mesmo exercicio, xestionáronse tamén os fondos europeos MRR, asinándose á promoción 10 M€.

Lembrou que posteriormente, en decembro de 2023, a cooperativa iniciou a tramitación do financiamento co ICO, que en abril de 2025, o organismo estatal modificou de forma unilateral, o que supuxo un incremento inasumible das cotas para os cooperativistas. Ante esta situación, tal e como lembrou a conselleira, a Xunta reaccionou de maneira inmediata, mantendo contacto permanente cos socios da cooperativa, coa ministra de Vivenda e co director xeral do Ministerio. Ademais, enviou ata catro cartas reclamando unha solución. “Grazas á nosa insistencia, o ICO rectificou e volveu ás condicións iniciais”, subliñou.

A conselleira advertiu de que agora resta un paso fundamental: que o Ministerio garanta a prórroga dos fondos europeos vinculados ás promocións, condición imprescindible para que as vivendas poidan estar executadas no prazo previsto, no verán de 2026. “Esa é a nosa prioridade".

Fixo fincapé en que a Xunta en Xuxán “non permitirá que se desvirtúen os alugueiros accesibles e taxados pola normativa autonómica”. Se iso chegase a suceder, engadiu, “o Goberno galego non terá problema en recuperar o solo público para garantir o interese xeral”. Ademais, lembrou que ningunha administración pode interferir nas relacións entre Galivivienda, como xestora, e os socios cooperativistas: “Non seremos nós quen defendamos á xestora. As diferencias internas deben resolverse nos seus órganos de goberno”.

A conselleira reclamou tamén hoxe no Parlamento máis transparencia ao Goberno central, lembrando que a día de hoxe non se coñece cantos préstamos concedeu o ICO dos 6.000 millóns anunciados: “en Galicia, ningún”, afirmou .

A titular de Vivenda alertou de que moitas operacións están paralizadas en comunidades de toda España “pola falta de clarificación dos prazos”, o que pon en risco a execución de diferentes promocións de vivenda cooperativa.

A conselleira convidou aos grupos da oposición a sumarse á reclamación que a Xunta mantén perante o Ministerio para asegurar, “dunha vez por todas”, a prórroga dos fondos europeos.

En definitiva, María M. Allegue fixo fincapé en como o prioritario non é sacar rédito político, senón garantir a prórroga dos fondos europeos. “Aproveiten os escanos que teñen en Madrid —mentres lles duren— e actúen para saber por que non se garante xa publicamente a prórroga dos fondos. Aí está a clave. Defendan dunha vez por todas os intereses da nosa comunidade ante un presidente Sánchez experto en mirar para outro lado”, concluíu

Área: Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal