Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

O presidente da Xunta de Galicia participou hoxe na entrega da Insignia de Honra da Federación Galega da Construción

Rueda destaca o papel do sector da construción para duplicar o parque público de vivenda nesta lexislatura

Escoitar

Subliña que a Xunta declarou o sector como estratéxico no mes de febreiro, unha decisión avalada polo seu peso económico, representando preto do 5,7% do PIB autonómico, e profesional, con milleiros de postos

O informe “Licitación Galicia”, elaborado pola propia Federación, reflicte un incremento do 36% nas licitacións da Xunta no sector entre xaneiro e xullo deste ano, ata acadar os 330 millóns de euros

Recoñece as dificultades do sector ante a falta de man de obra cualificada e o absentismo, e sinala o apoio da Administración galega á construción industrializada para gañar en axilidade, eficiencia e seguridade e abrir novas oportunidades laborais e formativas

Declaracións do presidente da Xunta

Wed Sep 24 15:17:02 CEST 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2025

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, participou hoxe na entrega da Insignia de Honra da Federación Galega da Construción, onde destacou o papel do sector da construción para duplicar o parque público de vivenda nesta lexislatura.

Durante o acto, Rueda salientou que a Federación leva décadas sendo a voz dunha actividade clave para a Comunidade, defendendo aos seus asociados, actuando como interlocutora ante as administracións e formulando propostas realistas e comprometidas.

O titular do Goberno galego destacou que a construción é un sector “cada vez máis complexo, variado e necesitado de dinamismo”, un motor “económico e de cohesión”, tamén parte da marca Galicia Calidade. Neste sentido, lembrou que no mes de febreiro foi declarado polo Consello da Xunta como estratéxico, unha decisión avalada “polo que significa o sector da construción en Galicia” tendo en conta os seus datos de actividade, xa que supón arredor do 5,7% do PIB galego e emprega a milleiros de profesionais.

En materia de vivenda, o presidente indicou que este é un dos grandes compromisos da lexislatura “que necesitan ser executados”, e que a Xunta puxo en marcha unha estratexia ambiciosa para duplicar o parque público residencial, de 4.000 a 8.000 vivendas. Explicou que preto de 3.000 xa están en marcha, das que 825 se atopan en obras, cun investimento de 451 millóns de euros e 208 xa licitados. Ademais, están en tramitación nove proxectos de interese autonómico que permitirán habilitar 25.000 vivendas máis.

O informe “Licitación Galicia”, elaborado pola propia Federación, reflicte un incremento do 36% nas licitacións da Xunta no sector entre xaneiro e xullo deste ano, ata acadar os 330 millóns de euros. Neste senso, Rueda subliñou o impulso de obras públicas estratéxicas, como novas autovías ou infraestruturas de mobilidade sostible, que buscan mellorar a vida cotiá da cidadanía e reforzar a competitividade económica da Comunidade, e tamén destacou a importancia da colaboración público-privada.

Ademais, o xefe do Executivo autonómico recoñeceu as dificultades que enfronta o sector, como a falta de man de obra cualificada ou o absentismo, e sinalou que a Xunta está a apoiar a construción industrializada para gañar en axilidade, eficiencia e seguridade, ao tempo que se abren novas oportunidades laborais, formativas e de innovación.

Área: Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Empresas e profesionais
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal