Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A Xunta concede 294 axudas á mocidade para a adquisición de vivenda en concellos galegos de menos de 10.000 habitantes por importe de 2,3 M€

Escoitar

O presidente da Xunta sinala que o obxectivo é facilitar aos mozos e mozas menores de 36 anos que queren iniciar o seu proxecto vital no rural, a través do apoio económico directo para acceder á súa primeira vivenda

Na convocatoria deste ano tense xa favorecido a adquisición de 294 vivendas en Galicia, das que 136 están localizadas na provincia da Coruña, 51 en Pontevedra, 49 en Ourense, e 58 en Lugo.

Estes fogares distribúense en 118 concellos, con maior incidencia nos da provincias da Coruña (48), que concentran boa parte das solicitudes presentadas, pero tamén cun peso significativo en Lugo (27), Pontevedra (23) e Ourense (20)

Destaca que o Goberno galego prepara xa a ampliación de crédito destas axudas en ata 600.000 €, para atender á elevada demanda deste programa, que ten esgotado o orzamento da convocatoria vixente ata o 15 de outubro

Reafirma o compromiso da Xunta co dereito á vivenda e coa dinamización do rural e a fixación da poboación, garantindo a continuidade e ampliación desta liña de apoio ao acceso á vivenda en pequenos concellos.

Declaracións do presidente da Xunta

Mon Sep 22 15:20:00 CEST 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que o Goberno galego concedeu 294 axudas á mocidade para a adquisición de vivenda no rural por un importe global de 2.296.319 euros, practicamente a totalidade do crédito dispoñible na convocatoria lanzada en xaneiro deste ano por un orzamento total de 2,3 M€.

O Executivo galego avaliou hoxe o informe do balance provisional da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas das axudas outorgadas aos mozos e mozas menores de 36 anos para a adquisición da súa primeira vivenda en concellos de menos de 10.000 habitantes, que está a ter unha moi boa acollida entre a mocidade.

Con estas axudas, o presidente sinala que o obxectivo é “facilitar o acceso á vivenda” da mocidade que quere iniciar o seu proxecto vital no rural, ofrecendo apoio económico directo para acceder á súa primeira vivenda.

Deste xeito, Rueda salientou que a través da convocatoria deste ano tense xa favorecido a adquisición de 294 vivendas en Galicia, das que 136 están localizadas na provincia da Coruña, 51 en Pontevedra, 49 en Ourense, e 58 en Lugo.

Estes fogares distribúense en 118 concellos, con maior incidencia nos da provincia da Coruña, pero tamén cun peso significativo no resto das provincias. Así, ademais dos 48 concellos na provincia da Coruña, as achegas permitiron a adquisición de vivendas en 27 concellos de Lugo, 23 de Pontevedra e 20 de Ourense.

Segundo as solicitudes presentadas, os municipios onde máis axudas se outorgaron sitúanse en Xinzo de Limia e Chantada, con 15 e 11, respectivamente; seguidos dos de Ares e Melide, con 10 en cada un dos mesmos. A estes municipios que se viron favorecidos pola adquisición de vivenda por parte da mocidade galega, séguenlle Curtis (8), San Sadurniño (8), Santa Comba (6), ou xa con 5 cada un, os concellos da Cañiza, Cee, Celanova, Monterroso, Palas de Rei Salceda de Caselas e Trazo.

Próxima ampliación da convocatoria

Tal e como sinalou o presidente, a elevada demanda fai necesario “aumentar a cantidade que destinamos” a estas axudas con ata 600.000 euros, que se prevé activar nas vindeiras semanas. A Xunta terá en conta os expedientes de solicitude rexistrados na vixente convocatoria, cuxo prazo de solicitude rematará o vindeiro 15 de outubro.

En relación a estas axudas a mozos e mozas para a adquisición da súa primeira vivenda, o titular do Executivo galego destacou que a contía máxima da achega pode acadar ata 10.800 € por vivenda.

Rueda destaca que a Xunta reafirma así o seu compromiso co dereito á vivenda e coa dinamización do rural e a fixación da poboación, sendo capaces de anticiparse no cumprimento dos obxectivos e garantindo a continuidade e ampliación desta liña de apoio ao acceso á primeira vivenda a mocidade galega en pequenos concellos. Así o avala o feito de que entre 2021 e 2025, a Xunta leve xa concedidas 1.321 axudas por un importe de preto de 8,4 M€.

Desde o Goberno galego, tense que lamentar o retraso que leva o Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana na elaboración do novo plan estatal, que pon en perigo a súa execución e compromete os prazos das convocatorias por parte das comunidades e poñendo así en risco a chegada de axudas.

Galicia advertiu  xa en varias cartas á ministra que o retraso na aprobación do futuro plan acarrearía consecuencias para todas as CCAA. Desde a Xunta de Galicia solicítase máis compromiso e menos anuncios “millonarios”.

Área: Axudas ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal