Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas clausurou esta tarde a asemblea do V Encontro anual da Asociación Provincial de Empresarios da Construción da Coruña

A conselleira María M. Allegue destaca o esforzo compartido da Xunta e do sector da construción no impulso da vivenda pública e infraestruturas máis seguras en Galicia

Escoitar

Subliña o intenso ritmo licitador que está a desenvolver a Xunta co obxectivo principal de duplicar o parque público residencial, tendo xa en marcha preto de 3.000 novas vivendas

O departamento que dirixe María M. Allegue leva licitados 208 M€, cun investimento total estimado de 451M€

Pon en valor o talento do sector galego da construción, competitivo e comprometido, que conta co selo Galicia Calidade, que ademais, o pasado mes de febreiro foi declarou como estratéxico pola Xunta, e que achega o 5,7% do PIB autonómico

A conselleira lembrou o esforzo licitador da Xunta, con 98M€ licitados pola Axencia Galega de Infraestruturas para obra civil entre xaneiro e xullo, 54M€ polo Instituto Galego da Vivenda e Solo e 34,7M€ pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas en edificación residencial e non residencial

Thu Sep 18 20:18:00 CEST 2025
  • Compartir

A Coruña, 18 de setembro de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, destacou hoxe na clausura da asemblea do V Encontro anual da Asociación Provincial de Empresarios da Construción da Coruña (Apecco), o esforzo compartido da Xunta e do sector da construción no impulso de vivenda pública e infraestruturas máis seguras en Galicia.

María M. Allegue destacou esta tarde, no encontro organizado por Appeco na Coruña, o intenso ritmo licitador que está a desenvolver a Xunta de Galicia co obxectivo principal de duplicar o parque público de vivenda, o que supón a construción de 4.000 novas vivendas.

Na actualidade, xa están en marcha preto de 3.000 vivendas públicas, das que 825 se atopan en obras. A Xunta leva licitados 208 millóns de euros, cun investimento total estimado de 451 millóns de euros.

Ademais, están en tramitación 9 proxectos de interese autonómico destinados a habilitar solo para 25.000 vivendas.

Aposta pola industrialización e a innovación

A conselleira salientou as dificultades polas que atravesa o sector, entre elas a falta de man de obra, e subliñou a aposta da Xunta polo uso das técnicas de construción industrializada, que permitirán avanzar con maior axilidade e eficiencia. “Estamos nun punto de inflexión, nun momento crucial no que precisamos cambios e melloras para dar unha resposta máis rápida ás necesidades da cidadanía”, asegurou.

Tamén puxo en valor o talento do sector galego, competitivo e comprometido, que conta co selo Galicia Calidade, recoñecido en todo o Estado. Lembrou, ademais, que o pasado mes de febreiro o Consello da Xunta declarou como estratéxico o sector galego da construción, que achega o 5,7% do PIB autonómico.

Infraestruturas máis seguras

A titular autonómica destacou igualmente o esforzo da Xunta no eido das infraestruturas viarias na Coruña e detallou que tan só en actuacións de melloras de firmes xa se licitaron este ano obras por importe de case 24M€ nesta provincia.

Segundo o informe de Licitación Galicia da Federación Galega da Construción, entre xaneiro e xullo de 2025, a actividade licitadora da Xunta de Galicia que afecta ao sector creceu un 36% respecto do mesmo período do ano pasado, acadando os 328,7 M€.

Da citada cifra, 98M€ corresponderon a licitacións da Axencia Galega de Infraestruturas, para obra civil, 54M€ ao Instituto Galego de Vivenda e Solo e 34,7M€ á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, en edificación residencial e non residencial.

Recoñecemento ao sector

A conselleira concluíu agradecendo o compromiso e a calidade técnica do sector: “Quero felicitarvos polo voso traballo, pola vosa implicación, pola vosa visión estratéxica e pola vosa calidade. Estamos no bo camiño, e imos percorrelo xuntos”.

Área: Edificación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Empresas e profesionais
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal