Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

Rueda destaca que a Xunta xa ten en marcha o 73 % das vivendas de promoción pública comprometidas para esta lexislatura

Escoitar

O Consello da Xunta de Galicia dá conta do informe da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas que cifra en 2.943 as novas vivendas en marcha, o que supón un investimento xa licitado de 208 M€, e un total estimado de 451 M€

Sinala que xa están en construción 825 fogares, 56 con obra licitada e 2.062 en estado de licitación ou execución da redacción de proxecto e dirección de obra 

A través do IGVS están en execución un total de 825 vivendas de promoción pública cun investimento xa licitado de 183 M€

Xa están programadas pola Sociedade de Vivenda pública de Galicia outras 1.777 vivendas, cos proxectos licitados o adxudicados por un investimento xa licitado próximo aos 23 M€

Mon Sep 15 15:59:00 CEST 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que o informe da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas cifra en 2.943 as vivendas de promoción pública en marcha diferentes fases de tramitación e execución na comunidade. Estas vivendas forman parte do traballo do Goberno galego para duplicar o parque público residencial, o que significa que neste momento a Xunta ten xa en marcha o 73 % dos novos fogares comprometidos para esta lexislatura. Cómpre recordar que en 2025 o Goberno galego triplicou o orzamento destinado á vivenda pública e solo residencial.

O Informe reflicte así que neste momento, a Xunta de Galicia ten 2.943 vivendas de nova construción en marcha, o que supón un investimento xa licitado de 208 M€, e un total estimado de 451 M€: “Xa están licitadas e en diferentes fases de execución. En ano e medio de lexislatura avanzamos cara ao obxectivo da construcción do 75% das 4.000 vivendas comprometidas”, apuntou o presidente. En concreto, 2.062 en estado de licitación ou execución da redacción de proxecto e dirección de obra, 56 con obra licitada e 825 xa en obras.

O Goberno galego, para acadar este reto, está impulsando a construción destes novos fogares de promoción pública a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), e por outra banda, e tras iniciar a súa actividade a principios de 2025, a Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) está a impulsar a construción tanto de inmobles en parcelas de titularidade municipal cedidas nesta lexislatura á Xunta e os inmobles vinculados a actividade de Xestur, antiga empresa pública promotora de vivenda protexida. O seu obxectivo é chegar a poñer en marcha 2.350 fogares nesta lexislatura.

En concreto, neste momento están en construción un total de 825 vivendas de promoción pública con obra promovida a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), cun investimento xa licitado de 183 millóns de euros.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo ten en marcha, dentro do cómputo das novas vivendas, a promoción de 190 aloxamentos compartidos e temporais dirixidos a menores de 36 anos, cunha estimación de investimento futuro de preto de 27 M€. Estas actuacións desenvolveranse en Lugo, en Vigo e en Santiago de Compostela, co obxectivo de ampliar a oferta de vivenda pública adaptada ás necesidades da mocidade galega.

Ademais, xa están programadas pola Sociedade de Vivenda pública de Galicia (Vipugal) outras 1.777 vivendas, cos proxectos licitados ou adxudicados por un investimento aproximado xa licitado de 23 millóns de euros.

No detalle, da cesión de solo cos concellos onde existe demanda acreditada de vivenda, Vipugal ten en marcha a promoción de 768 vivendas, e pendentes de cesións posibles de varios concellos. 

Distribución por provincia

Por provincias, na Coruña, concretamente na cidade da Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Narón e Teo, hai en marcha 966, das que 574 están en estado de licitación ou execución de proxecto, e 212 están en obras.

En Lugo, 597 vivendas en marcha, 451 en estado de licitación ou execución de proxecto, e 146 están en obras.

Na provincia de Pontevedra, concretamente na cidade de Pontevedra, Vigo, Vilagarcía, Mos, A Estrada e Lalín, “concello de diferentes formacións políticas”, a Xunta ten en marcha 1.304 vivendas, das que 845 están en fase de licitación ou execución de proxecto, 56 teñen a obra xa licitada e 403 en execución de obra.

Na provincia de Ourense, en concreto en Ourense cidade e San Cibrao das Viñas, o Goberno galego ten 76 vivendas en marcha, 12 en fase de licitación ou execución de proxecto e 64 en obras. Para Rueda, estes datos “amosan que Galicia cumpre. Que a Xunta avanza con paso firme, e reitero o compromiso de cumprir o que dixemos de ampliar a oferta de vivenda na comunidade”.

Área: Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal