Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A Xunta entrega dúas vivendas de promoción pública en réxime de alugueiro en Quiroga

Escoitar

O delegado territorial, Javier Arias, tamén lembrou que o Goberno galego habilitou  axudas para reconstruír inmobles afectados polos incendios

Tue Sep 09 15:39:20 CEST 2025
  • Compartir

Quiroga (Lugo), 9 de setembro de 2025

A Xunta entregou hoxe dúas vivendas de promoción pública en réxime de alugueiro na rúa Tallos de Quiroga. Ambas rondan os 82 metros cadrados de superficie e teñen tres dormitorios, praza de garaxe e rocho.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na entrega das chaves ás persoas adxudicatarias. Lembrou que tan pronto como unha vivenda queda vacante, o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) inicia de inmediato o procedemento para volver ofertala seguindo o listado de adxudicatarios de cada concello.

Para formar parte destes listados é preciso inscribirse no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia. O prazo para presentar solicitudes está sempre aberto, tanto en liña como de forma presencial nas oficinas do IGVS.

Axudas para rehabilitación de vivendas afectadas por incendios

Así mesmo, Arias aproveitou para lembrar que a Xunta aprobou unha liña de axudas para a reconstrución das vivendas afectadas polos incendios. A contía para vivenda habitual pode acadar case 150.000 euros; e para segunda residencia ata 71.400 euros – incluída a achega por mobles ou enxoval doméstico -.

O delegado remarcou que a Xunta axilizará a tramitación para que estas persoas poidan recuperar canto antes as súas casas. Recordou ademais que Quiroga alberga unha das 16 oficinas habilitadas na Comunidade para asesorar nos trámites e axudar a presentar as solicitudes.

Área: Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal