Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira María M. Allegue reúnese con veciños afectados polos lumes no concello do Bolo

Escoitar

A responsable de Vivenda e Planificación de Infraestruturas visitou esta tarde o lugar de Celavente, onde coñeceu a situación da veciñanza afectada polos incendios

Informou aos veciños das axudas da Xunta en materia de vivenda, que no caso de ser habituais, poden acadar case 150.000€ para a súa reconstrución

Recordou que o Goberno galego tamén asumirá o 100% do alugueiro temporal, se é necesario, e achegará ata 600€ máis para sufragar gastos derivados desta situación

Mon Sep 08 19:22:16 CEST 2025
  • Compartir

O Bolo (Ourense), 8 de setembro de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, reuniuse hoxe con veciños afectados polos lumes no concello do Bolo.

Allegue, acompañada pola directora territorial da Consellería en Ourense, Pilar Fernández, visitou esta tarde o lugar de Celavente, onde coñeceu a situación dos veciños damnificados por mor dos incendios. Informou á veciñanza das liñas das axudas activadas pola Xunta, en materia de vivenda, e trasladou o compromiso de axilizar a tramitación para que as familias poidan comenzar canto antes a recuperación dos fogares.

Cómpre lembrar que as achegas da Xunta poden acadar case 150.000€ no caso de vivendas habituais, pois aos 132.000€ para rehabilitación do inmoble poden engadirse 16.200€ polo enxoval doméstico. En caso de segunda residencia, as axudas son de ata 66.000€ e 5.400€ para o enxoval.

Ademais, o Goberno galego tamén asumirá o 100% do alugueiro temporal, se é preciso e achegará ata 600€ máis para sufragar gastos de aloxamento provisional, transporte ou mudanza. Os afectados poderán percibir a contía total da axuda de xeito anticipado, o que lles permitirá axilizar obras de rehabilitación das vivendas.

Área: Rehabilitación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal