Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, participou hoxe na reunión do consello de administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia

A Xunta adxudica a redacción de proxectos e dirección de obra de 217 vivendas de promoción pública en Vigo, Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Lugo

Escoitar

Os contratos inclúen tamén a dirección de obra

En Vigo e Ferrol as vivendas construiranse sobre solo urbanizado pola Xunta e na Coruña, Pontevedra e Lugo e parcelas cedidas polos concellos

Mon Sep 08 13:22:28 CEST 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela 8 de setembro de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, participou esta mañá na reunión do consello de administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal), que deu conta da adxudicación da redacción dos proxectos e dirección de obras de 217 vivendas de promoción pública nos concellos de Vigo, A Coruña, Pontevedra, Lugo e Ferrol.

No concello de Vigo adxudicouse a redacción dos proxectos e dirección de obra de 55 vivendas de promoción pública na parcela M-V-4 de San Paio de Navia, emprazada na etapa 2 que actualmente se atopa en fase de urbanización por parte do IGVS. O proxecto será redactado por Alberto Quintáns Arrondo, por importe de 349.671,44 euros.

En Ferrol tamén se construirán vivendas en solo urbanizado pola Xunta de Galicia, en concreto 58 na parcela 14 do polígono do Bertón. Encargarase do proxecto a UTE formada por Monteoliva Arquitectura, S.L.P e Fraga y Mantiñán Arquitectos S.L.P., por importe de 361.185 euros.

No resto de localidades as vivendas cuxos proxectos se adxudican levantaranse en parcelas cedidas polos correspondentes concellos.

Na Coruña serán 30 vivendas de promoción pública nas parcelas R3 e R4, emprazadas na rúa Pedro Fernández. O consello de Vipugal autorizou a adxudicación á UTE formada por Manuel Vázquez Muíños e Naos 04 Arquitectos, por importe de 248.050 euros.

Polo que respecta a Pontevedra, o proxecto para a construción de 11 vivendas na parcela P3 UA15, emprazada nas Devesas, será encargado á UTE formada por Manuel Vázquez Fariña e Manuel Rodríguez Fontán, por importe de 99.999,99 euros.

Finalmente, en Lugo serán 63 as vivendas que se constrúan nas parcelas 2, 3A, 3 B e 3C do polígono de Paradai. A redacción do proxecto adxudícase a Iglesias y Veiga Arquitectos, S.L.P. por importe de 317.337,02 euros.

Os adxudicatarios dispoñen de dous meses para a redacción do proxecto básico e tres máis para a redacción do de execución, aínda que os contratos manteranse ata o remate das obras ao incluír a dirección de obra.

Con estas novas adxudicacións a Xunta avanza cara o cumprimento do compromiso de duplicar o parque público de vivenda na presente lexislatura e xa son máis de 2.800 as vivendas de nova construción que se atopan en diversas fases de execución.

Área: Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal