Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleIra de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, reuniuse hoxe con veciños afectados nos concellos da Pobra de Trives e Larouco

A Xunta recibiu xa 23 solicitudes de axudas para a reconstrución das vivendas afectadas polos incendios

Escoitar

Ata o momento, ademais das 23 peticións de axudas, 78 persoas solicitaron información sobre estas achegas autonómicas.

Allegue subliñou ante os afectados o compromiso da Xunta para resolver as solicitudes “coa máxima celeridade”, a fin de que poidan iniciar canto antes as reconstrucións dos fogares

A conselleira lembrou que as achegas activadas polo Goberno galego poden acadar case 150.000 € no caso de vivendas habituais

Recordou que o Goberno galego tamén asumirá o 100 % do alugueiro temporal, se é preciso e achegará ata 600 € máis para sufragar gastos derivados desta situación

Sat Sep 06 13:03:08 CEST 2025
  • Compartir

Larouco (Ourense), 6 de setembro de 2025

A Xunta recibiu ata agora 23 solicitudes de axudas para a reconstrución das vivendas afectadas polos incendios. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, deu conta destas peticións na visita que realizou hoxe aos concellos ourensáns da Pobra de Trives e Larouco, onde se reuniu con veciños cuxos fogares se viron danados polos lumes e cos alcaldes.

Nestes concellos, a conselleira puido coñecer a situación de propietarios afectados e comprobar os danos nas súas casas. Allegue explicoulles aos veciños as liñas das axudas activadas pola Xunta e insistiu no compromiso do Goberno galego para axilizar “coa máxima celeridade” a súa tramitación, a fin de que canto antes “as familias poidan comezar a recuperación destes fogares tras esta terrible vaga de lumes”.

Ata o momento, ademais das 23 peticións de axudas, 78 persoas solicitaron información sobre estas achegas autonómicas.

Allegue recordou que as achegas da Xunta poden acadar case 150.000 € no caso de vivendas habituais, xa que ao 132.000 euros para rehabilitación do inmoble poden engadirse 16.200 euros polo enxoval doméstico. En caso de segunda residencia, as achegas son de ata 66.000 € e 5.400 € para o enxoval.

Esta axuda pode servir tanto para rehabilitar o inmoble, como para adquirir un novo, no caso de que quedase en situación de ruína como consecuencia dos lumes. A acreditación do estado de ruína se realizará mediante un informe técnico que, se o propietario desexa, elaborará a Xunta. Nestes casos hai que sumar ademais axudas complementarias para o realoxo mentres se rehabilitan as vivendas danadas.

Ademais, o Goberno galego tamén asumirá o 100 % do alugueiro temporal, se é preciso e achegará ata 600 € máis para sufragar gastos de aloxamento provisional, transporte ou mudanza. Os afectados poderán, así mesmo, percibir a contía total da axuda de xeito anticipado, o que lles permitirá axilizar obras de rehabilitación das vivendas.

Todos os damnificados teñen a súa disposición o teléfono 012 e o persoal do IGVS, e tamén nas 16 oficinas despregadas nas zonas afectadas poden resolver todas as súas dúbidas.

Área: Rehabilitación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal