Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, firmou hoxe en San Caetano esta colaboración coa alcaldesa do Concello de Mos, Nidia Arévalo Gómez

A Xunta facilita a adquisición de solo para 79 vivendas protexidas en Mos, a través dun préstamo sen xuros do Fondo de Cooperación por un orzamento de 1,2 M€

Escoitar

A Xunta concede ao Concello de Mos o crédito para á adquisición de 11 parcelas na zona de Tameiga–San Eleuterio, para construír novos fogares no municipio

Este Fondo de Cooperación é unha nova liña de actuación do departamento que dirixe María M. Allegue, que está dotada con 10 M€

O prazo para solicitalo rematará o 15 de outubro e se xestionará a través dun convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o concello destinatario do financiamento

Fri Sep 05 14:27:18 CEST 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, firmou hoxe en San Caetano coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo Gómez, a concesión dun préstamo sen xuros, a devolver en 8 anos, de 1,2 M€ no marco novo Fondo de Cooperación para a construción de vivenda protexida da Xunta.  No acto de sinatura tamén estivo o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto.

En concreto, con este crédito concedido pola Xunta, o Concello ten como obxectivo a adquisición de 11 parcelas na zona de Tameiga–San Eleuterio, que suman unha extensión de 13.905,40 metros cadrados, coa finalidade de construír 79 novos fogares protexidos.

Este Fondo de Cooperación é unha nova liña de actuación do Goberno galego e está dotada con 10 M€. Ten como obxectivo o apoio ao financiamento da promoción de vivenda protexida de nova construción a todos os concellos de Galicia, independentemente dos seus habitantes. Poderá financiarse, sen xuros, total ou parcialmente, a promoción de vivenda protexida de nova construción, actuacións de urbanización dirixidas ao paso dun ámbito de solo da situación de rural a urbanizado para crear parcelas aptas para a edificación e a adquisición de solo para a promoción de inmobles de nova construción para a súa cualificación como vivendas protexidas.

O prazo para solicitalo rematará o 15 de outubro e se xestionará a través dun convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o concello destinatario do financiamento.

Esta liña de financiamento súmase ao Fondo de Cooperación para actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes, dotado con 3,7 M€, que xa se ven convocando desde 2017.

Área: Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal