A Xunta inicia a tramitación ambiental do Proxecto de nterese Autonómico do Sagrado Corazón en Lugo, co obxectivo de urbanizar solo para 1.200 vivendas
O Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Sagrado Corazón, en Lugo, é o primeiro que inicia a tramitación ambiental
Proximamente iniciarase a tramitación ambiental dos PIA de Coruña, Santiago, Pontevedra, Vigo e Ourense
O PIA de Vilagarcía de Arousa e un segundo PIA na cidade de Vigo están pendentes de adxudicación
A Xunta prevé urbanizar solo para 25.000 vivendas, das que 20.000 serán protexidas
- Compartir
Santiago de Compostela 11 de agosto de 2025
A Xunta comeza a tramitación ambiental do Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do sector 5.R do Barrio Sagrado Corazón, de Lugo, coa remisión á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade do borrador do proxecto e o documento ambiental estratéxico para o inicio do procedemento ambiental estratéxico simplificado que permita continuar coa tramitación administrativa do PIA.
O PIA do Sagrado Corazón inclúe un ámbito de máis de 12 hectáreas de extensión e no mesmo prevese que se poidan construír arredor de 1.200 vivendas, das que o 80 por cento serán protexidas.
Está actuación forma parte da Estratexia Galega de Solo Residencial desenvolta pola Xunta para urbanizar solo para 25.000 vivendas, das que 20.000 serán protexidas, e trátase do primeiro proxecto que inicia a súa tramitación ambiental. En próximas datas serán sometidos ao antedito trámite os ámbitos correspondentes a Coruña, Santiago, Pontevedra, Vigo e Ourense. Ademais, o PIA en Vilagarcía e un segundo PIA para a cidade de Vigo están pendentes de adxudicación.