Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A Xunta pide á Fegamp a súa colaboración para difundir entre os concellos o decreto que regula as ECCOM e que permitirá axilizar trámites para construír vivenda

Escoitar

O Goberno galego remitiu unha carta asinada polos conselleiros de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, ao presidente da Fegamp, Alberto Varela, para solicitar a colaboración da entidade na divulgación deste novo decreto 

A normativa entrará en vigor o vindeiro 17 deste mes de agosto e ten como obxectivo axilizar, simplificar e reducir prazos en materia de vivenda

Thu Aug 07 13:14:20 CEST 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2025

A Xunta pide á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) a súa colaboración para difundir entre os concellos o novo decreto que regula as Entidades de Certificación de Conformidade Municipal (ECCOM), que permitirá axilizar trámites para a construción de vivenda.

O Goberno galego vén de remitir unha carta asinada polos conselleiros de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, ao presidente da Fegamp, Alberto Varela, solicitando esta colaboración para divulgar esta nova normativa, que afecta de forma significativa á actuación dos concellos en materia urbanística e de vivenda.

O decreto entrará en vigor o vindeiro 17 de agosto, tras a recente publicación do texto no Diario Oficial de Galicia. 

A Xunta busca con esta nova normativa axilizar, simplificar e reducir prazos en materia de vivenda, sempre garantindo a seguridade xurídica e coa finalidade de incrementar a oferta de inmobles en Galicia. Deste xeito, a normativa desenvolve un novo marco legal aplicable ás ECCOM mediante unha regulación única, integral e pormenorizada do réxime xurídico destas entidades e do seu rexistro, facilitando así a súa accesibilidade por toda a cidadanía e as administracións públicas.

O decreto establece que nas solicitudes de licencia urbanística acompañadas dun certificado ECCOM, esta certificación terá a mesma validez e efectos que os informes técnicos e xurídicos municipais, que se entenderán substituídos por ditos certificados. A nova regulación será de aplicación xeral.

Entre as repercusións sobre a cidadanía que a presente norma procura están as de outorgar seguridade xurídica tanto aos particulares como aos concellos nos supostos en que se actúe a través dunha ECCOM.

Así mesmo, o obxectivo é tamén facilitar o coñecemento pola cidadanía das ECCOM autorizadas para exercer a súa actividade na comunidade autónoma mediante a creación do novo rexistro, xestionado pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, competente en materia de urbanismo.

Estrutura

O decreto polo que se regulan as ECCOM e o seu rexistro consta de 51 artigos estruturados en cinco capítulos, que abordan o obxecto e ámbito de aplicación; as entidades de certificación de conformidade municipal; o seu rexistro; réxime de funcionamento e as obrigas e control destas entidades. Completan esta regulación dúas disposicións adicionais, unha transitoria, unha derrogatoria e dúas disposicións finais.

A normativa define os requisitos que deben cumprir as ECCOM para exercer a súa actividade na comunidade autónoma, así como as súas funcións, a documentación que deben emitir como resultado das súas actuacións e o réxime de responsabilidade das mesmas.

Regúlase tamén o rexistro destas entidades, determinándose os actos inscritibles, o procedemento de inscrición e os efectos e vixencia desta. Igualmente, establécense no decreto as obrigas das ECCOM e regulase o seu réxime de control, establecendo as prohibicións e incompatibilidades ás que están sometidas, así como o seu réxime sancionador.

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal