Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

O Consorcio Casco Vello compra un solar na Praza do Peñasco para continuar coa rehabilitación da área do Berbés e a construción de nova vivenda pública

Escoitar

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, e a delegada territorial da Xunta e presidenta do CCVV, Ana Ortiz, visitaron a parcela situada xunto ao albergue de peregrinos

Thu Aug 07 13:01:17 CEST 2025
  • Compartir

Vigo, 7 de agosto 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, e a delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ana Ortiz, visitaron a parcela recentemente adquirida polo organismo autónomo para continuar coa súa tarefa de rehabilitación do barrio histórico e construción de nova vivenda pública.

As representantes autonómicas informaron de que o comité executivo e o consello de administración do CCVV aprobaron a compra por importe de 106.000 euros do inmoble número 5 da Praza do Peñasco, parcela baleira que está situada na parte traseira do barrio histórico do Berbés, xunto ao Albergue Público de Peregrinos Juan Manuel López-Chaves, construído pola Xunta de Galicia no ano 2021.

“Grazas á xestión do Consorcio foi posible localizar aos oito herdeiros do inmoble e adquirir a propiedade non só para recuperar así a zona histórica e as raíces da cidade, senón tamén para poñer ao dispor da cidadanía nova vivenda de promoción pública”, sinalou Ana Ortiz.

Traballos de rehabilitación na Ribeira do Berbés

Ademais, o CCCV, participado nun 90 % pola Xunta de Galicia, xa iniciou este ano as obras de reforma do edificio situado no número 39 da Ribeira do Berbés, tamén con saída ao número 2 da rúa San Francisco, por un importe de 562.798,51 euros.

A nova rehabilitación permitirá construír dúas vivendas de 90 e 106 metros cuadrados no Berbés, onde o CCVV xa adquiriu dez edificios permitindo a creación ata este momento de 6 vivendas, xa habitadas tras a súa adxudicación. A estas seis, situadas nos números 29, 31 e 41, sumaranse agora as dúas do número 39.

Outros catro edificios foron cedidos polo Consorcio para a creación da sede urbana da Universidade de Vigo (na agrupación dos números 11, 13 e 15) e do Albergue de Peregrinos de Vigo, promovido pola Xunta de Galicia, no número 5. O Consorcio adquiriu tamén o edificio situado no número 7, actualmente xa baleirado.

Vivendas no Casco Vello Alto

Por outra banda, o consello de administración continúa co proceso de venda das vivendas de promoción pública de Elduayen 31 e Subida á Costa 9. Na primeira o CCVV  investiu un total de 1,4 millóns, sumando a compra do inmoble e a adxudicación dos traballos. Esta última actuación supón a posta a disposición da cidadanía de 6 novas vivendas de protección autonómica, de dous e tres dormitorios, e dun local comercial. Tamén está en pleno proceso de rehabilitación o edifico de Elduayen 39.

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal