Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta, Javier Arias, visitou hoxe o inicio dos traballos que se desenvolven na rúa Paulo Fabio Máximo no barrio de Garabolos

A Xunta inicia as obras dun novo edificio para 70 vivendas de promoción pública en Lugo

Escoitar

M. Allegue cifra en 100M€ o investimento comprometido pola Xunta en Lugo en materia de vivenda

O Goberno galego inviste 13,3M€ na construción do novo inmoble, dos que o 73,6% son fondos propios

Polo menos o 40% das vivendas destinaranse en exclusiva ao alugueiro para menores de 36 anos

Allegue destaca que a Xunta xa ten en construción 146 vivendas públicas en Lugo, dun total de 600 que están en marcha en diferentes fases de execución

Thu Jul 31 15:19:02 CEST 2025
  • Compartir

Lugo, 31 de xullo de 2025

A Xunta vén de iniciar as obras dun novo edifico para 70 vivendas de promoción pública en Lugo. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe estes traballos que se desenvolven na parcela B3 do barrio lucense de Garabolos, e cuxo investimento total ascende a 13,3M€, dos que o 73,6% son fondos propios e o resto corresponden a fondos europeos. Así, a Xunta ten en construción neste momento 146 fogares na cidade.

O inmoble atópase na avenida Paulo Fabio Máximo, e dos novos 70 fogares, 11 serán de 2 dormitorios, 49 vivendas contarán con 3 estancias e os outros 8 fogares con 4 dormitorios. Ademais, 3 das vivendas están adaptadas para persoas con mobilidade reducida. 

Este novo edificio é unha  mostra, como sinalou a conselleira, de que “Lugo é prioridade para a Xunta”. Neste compromiso, lembrou que a Administración autonómica ten comprometidos 100M€ en materia de vivenda na cidade.

M. Allegue destacou que con este novo edificio, son xa 146 as vivendas de promoción pública que están en construción en Garabolos, tendo en conta o recente inicio dos traballos doutro inmoble de 76 vivendas, dentro das 600 vpp que están en marcha en diferentes fases de execución na cidade.

A conselleira engadiu que xa está adxudicada a redacción do proxecto para outras 145 vivendas e avanzado o proceso de adxudicación do proxecto para outros 169 fogares tamén en Garabolos. Incidiu así mesmo en que ao menos o 40% das vivendas destinaranse en exclusiva ao alugueiro para menores de 36 anos e nas destinadas á venda, un 25%.

Tamén está licitada a redacción do proxecto para un inmoble destinado a 50 aloxamentos temporais e compartidos en Illa Coelleira, nunha das parcelas cedidas polo Concello, para a que se recibiron 9 ofertas. E licitada a redacción do proxecto para construír 87 vivendas nas outras parcelas cedidas, en Paradai (recibíronse 3 ofertas) e Angelo Colocci, cuxo prazo de presentación de ofertas remata o día 14.

Por outra banda, está en licitación a rehabilitación dos inmobles en Catedral 18 e 22 ao abeiro do programa Rexurbe, que permitirán habilitar dúas vivendas. O prazo de presentación de ofertas remata o 12 de agosto.

E nunhas semanas coñecerase a proposta gañadora para a redacción do plan especial da UI-8 para a recuperación e posta en valor do pazo de Dona Urraca, e a rehabilitación e construción de inmobles no entorno.

M. Allegue puxo en valor a colaboración co Concello de Lugo, tanto en construción de nova vivenda como na recuperación do patrimonio, “poñendo en valor a historia da cidade”.

Por contra, a conselleira lamentou a falta de cooperación do Goberno central, que segue sen ofrecer información sobre o novo Plan Estatal de Vivenda, a pesar do compromiso do Goberno galego para o seu cofinanciamento. “Seguen sen ofrecer  información, prazos ou actuacións concretas -sinalou-. E non me cansarei de repetir que imos tarde. Temos un problema urxente e a cidadanía precisa solucións, non palabras nin promesas, senón os deberes feitos”.

Área: Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal