Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, visitou hoxe o inicio das obras dun inmoble de 24 vivendas en Ferrol

A Xunta inicia as obras dun edificio de 24 vivendas públicas no barrio do Bertón en Ferrol

Escoitar

O investimento nesta actuación suma un total de 6,4M€, dos que un 82% son fondos propios da Xunta

Polo menos un 40% destes fogares reservaranse para menores de 36 anos

A conselleira anuncia que se iniciarán as obras doutro inmoble de 24 vivendas no barrio ferrolán a próxima semana e que en 2028 serán unha realidade 363 fogares públicos no Bertón

Allegue destaca que o Goberno galego ten comprometidos máis de 80M€ en actuacións en vivenda na cidade

Wed Jul 30 13:17:52 CEST 2025
  • Compartir

Ferrol (A Coruña), 30 de xullo de 2025

A Xunta vén de dar conta do inicio das obras dun inmoble de 24 vivendas de promoción pública en Ferrol. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, visitou a parcela que albergará o inmoble, no barrio do Bertón. Os fogares resultantes formarán parte do parque público destinado a alugueiro accesible e destinaranse, polo menos un 40%, a menores de 36 anos. A previsión é que as obras rematen no último trimestre do 2026.

A conselleira destacou que o compromiso da Xunta con Ferrol é máximo “e proba delo é que o Goberno galego ten comprometidos máis de 80M€ en actuacións en vivenda na cidade, porque queremos colaborar co Concello para que Ferrol acade a posición que tiña como cidade, e que pouco a pouco está a recuperar”. M. Allegue tamén puxo en valor a cooperación da Xunta co Concello en materia de mobilidade sostible cos diferentes convenios asinados, tanto para Abrir Ferrol ao mar como para axudar na rexeneración urbana.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas explicou que a próxima semana tamén se iniciarán as obras doutro inmoble de 24 fogares. M. Allegue indicou que outros 3 edificios xa en están en fase de redacción de proxecto, con proxectistas galegos “dunha altísima calidade técnica, que representan aos magníficos profesionais que temos nesta terra”. Por outra banda, a titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas informou de que xa se están a valorar ofertas para a redacción de proxecto doutros 2 edificios no Bertón. Salientou que a Xunta tamén ten en marcha 363 vivendas públicas no polígono de Bertón de Ferrol, dentro das máis de 2.800 en toda Galicia.

M. Allegue resaltou que o Goberno galego está a traballar ao máximo rendemento para atallar o problema do acceso á vivenda en toda Galicia, en contraposición ao desleixo do Goberno central. A conselleira lamentou que “a Xunta sigue agardando recibir información sobre o novo Plan Estatal de Vivenda para acadar máis fondos, máis recursos e as liñas de traballo para os vindeiros anos”.

Área: Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal