Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, presidiu a reunión do Observatorio da Vivenda de Galicia celebrada hoxe

A Xunta ten en marcha máis de 2.800 vivendas en diferentes fases de execución, cun investimento de máis de 220 M€

Escoitar

Dos novos fogares, 2.689 son de nova construción, 115 rehabilitados ao abeiro do Programa Rexurbe e 82 adquiridas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo

O Goberno galego ten neste momento 825 vivendas en construción

Hoxe presentouse no Observatorio de Vivenda de Galicia o balance de execución do Pacto de Vivenda de Galicia para o período 2021-2024

Tue Jul 22 16:06:55 CEST 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela 22 de xullo de 2025

A Xunta de Galicia ten en marcha 2.886 vivendas de promoción pública en diferentes estados de tramitación. Así se deu conta na reunión celebrada hoxe no Observatorio da Vivenda de Galicia (IGVS), presidida pola  conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, onde tamén se presentou o balance de execución do Pacto de Vivenda de Galicia para o período 2021-2024.

Das 2.886 vivendas que está a impulsar o Goberno galego, 2.689 son fogares de nova construción, 115 rehabilitados ao abeiro do Programa Rexurbe e 82 foron adquiridas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo. O investimento suma máis de 220M€.

O Goberno galego ten 1.808 novas vivendas en fase de redacción de proxecto, 56 teñen as obras licitadas e 825 fogares en construción, por un importe de 206M€. Con respecto aos fogares que se están a rehabilitar, 75 están en fase de redacción de proxecto, 22 teñen xa a obra licitada e 18 están xa en construción.

Por provincias, a Xunta ten en marcha 771 vivendas na Coruña, 651 en Lugo, 75 en Ourense e 1.307 en Pontevedra.

Área: Edificación ; Rehabilitación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal