Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta, Agustín Reguera, visitou hoxe o barrio de Valdecorvos, en Pontevedra

A Xunta licita as obras para construír 56 vivendas en Pontevedra, cun investimento de 9,3 M€

Escoitar

Trátase da primeira obra licitada pola Sociedade Pública de Vivenda de Galicia (VIPUGAL)

O prazo para presentar ofertas rematará o vindeiro 9 de setembro

O inmoble contará con tres bloques independentes de catro plantas de altura na parcela P-14 do Polígono B1 de Valdecorvos

Thu Jul 17 18:27:26 CEST 2025
  • Compartir

Pontevedra, 17 de xullo de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou hoxe a parcela P-14 de Valdecorvos, en Pontevedra, co galo da publicación da licitación das obras para a construción de 56 vivendas por parte da Sociedade Pública de Vivenda de Galicia (VIPUGAL). O prazo para presentar ofertas rematará o vindeiro 9 de setembro. A Xunta fai un investimento nesta actuación de 9,3M€.

O inmoble para estas 56 vpp distribuirase en tres bloques independentes de catro plantas de altura e baixo cuberta, ademais de garaxes, rochos e locais. As obras terán un prazo de execución de 18 meses.

M. Allegue destacou que VIPUGAL traballa “ao máximo rendemento” para atallar o problema do acceso á vivenda e puxo en valor que a obra de Valdecorvos é a primeira que licita a Sociedade Pública de Vivenda de Galicia.

A conselleira lamentou a falta de compromiso do Goberno Central e do Ministerio de Vivenda, “que promete milleiros de vivendas e nin tan sequera ten licitada a primeira, duns supostos préstamos ICO que en Galicia non accedemos... E desa suposta Sociedade Estatal da que non temos información da súa actividade”. Engadiu que “para o Goberno galego o acceso á vivenda é máxima prioridade e debería selo tamén para o resto das administracións”.

En Valdecorvos, a Xunta ten en marcha na actualidade 236 vivendas de promoción pública. Delas, 74 están en construción e xa se celebrou o sorteo para a súa adxudicación provisional, ás que hai que sumar estas 56 cuxas obras se autorizan hoxe e outras 48 cuxa construción licitarase tamén proximamente na P17.

Así mesmo, está adxudicada a redacción dos proxectos para converter 4 baixos en vivendas, ao que se suma a licitación da redacción do proxecto para 54 vivendas na parcela P19.

A maiores, a Xunta ten licitada a redacción do proxecto para a construción doutras 53 vivendas públicas na parcela de Tafisa cedida polo Concello, así como tamén a redacción do proxecto para outras 11 vivendas na parcela das Devesas, igualmente cedida pola Administración local.

Área: Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal