Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A Xunta abre mañá o prazo de solicitudes do novo programa Fogar Vivo co fin de mobilizar vivendas baleiras en réxime de alugueiro

Escoitar

As peticións poderán presentarse dende mañá ás 9 horas ata o 30 de outubro

O obxectivo desta iniciativa é recuperar o maior número posible de vivendas baleiras para o mercado de alugueiro

Trátase de axudas para reformas e un seguro de impago e multirrisco de fogar que poden chegar ata os 16.000€, se o propietario aluga a menores de 36 anos ou a familias con menores ou persoas dependentes ao seu cargo

Poderán ser obxecto das axudas as obras que se realizasen dende o 1 de xaneiro de 2025, sen que o prazo da súa execución exceda do 30 de maio de 2026

Thu Jul 17 16:20:44 CEST 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2025

A Xunta abre mañá o prazo de solicitudes do novo programa Fogar Vivo, que ten como finalidade mobilizar vivendas baleiras en réxime de alugueiro accesible. 

As peticións poderán presentarse dende mañá ás 9 horas ata o vindeiro 30 de outubro. As solicitudes realizaranse preferiblemente por vía electrónica, aínda que tamén se poderá efectuar de xeito presencial, dirixíndose e ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

Este programa do Goberno galego está dotado dun orzamento de máis de 1M€ en 2025 e un total de 5,7M€ ata 2028.

Os propietarios que se acollan a esta iniciativa poden contar con contías máximas de ata 16.000 euros por vivenda, dos que 11.000 serán para rehabilitación e mellora da vivenda, incluíndo como novidade os gastos para renovar electrodomésticos como a lavadora, o lavavaixelas, o forno, a nevera, a campá extratora, a cociña e os sanitarios.

Poderán ser obxecto destas axudas as obras que se realizasen dende o 1 de xaneiro de 2025, sen que o prazo da súa execución poida, en ningún caso, exceder do 30 de maio de 2026.

Ademais se a vivenda se aluga a menores de 36 anos, persoas con fillos menores a cargo ou unidades familiares con persoas dependentes haberá unha axuda adicional de 2.000 euros, sempre que se obtivera a axuda de rehabilitación é mellora da vivenda.

Por último, os propietarios poderán solicitar, independentemente de que fagan reformas, 3.000€ para un seguro de impago e/ou multirisco.

Cómpre lembrar que as vivendas dos propietarios que queiran solicitar as achegas do programa Fogar Vivo non poden ter sido arrendadas nos tres meses inmediatamente anteriores á presentación da solicitude. Ademais, deberán destinarse ao alugamento accesible cando menos, durante cinco anos ou sete anos no caso de persoas xurídicas.

Área: Axudas ; Rehabilitación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal